O fungueiro de Bartolomé Hidalgo
Los chanchos que Vigodet Ha encerrado en su chiquero, Marchan al son de una gaita Hechando al hombro un fungeiro. Cielito de los gallegos Ay! Cielito del Dios Baco, Que salgan al campo limpio Y verán lo que es tabaco. Vigodet en su corral Se encerró con sus gallegos, Y temiendo que lo pialen Se anda haciendo el chancho rengo. Cielito de los mancarrones Ay! cielo de los potrillos, Ya brincarán cuando sientan Las espuelas y el lomillo. Cielito de Montevideo Bartolomé Hidalgo [1788-1822]
Dona Diáspora é da opinión que a primeira vez que se utiliza unha palabra galega nun poema escrito en terra americana foi no Cielito de Montevideo do egrexio Bartolomé Hidalgo aínda que Arturo Sergio Visca considera moi dubidoso que sexa da súa autoría. O especialista uruguaio expresa: “El amor patriótico, el sentimiento de la libertad, el entusiasmo por la independencia de América son las raíces de los cielitos. Antes que poesía quieren ser ---y lo fueron--- armas de combate”. Se falamos de Hidalgo temos que retroceder aos tempos nos que Gaspar de Vigodet era Gobernador Militar de Montevideo, nomeado polo Consello de Rexencia de Cádiz en outubro de 1810. Foi autor de pouca obra literaria pero tamén un bo soldado de Artigas; loitou no combate do Cardal, acompañou a don Xosé a Salto e Paysandú e participou no primeiro cerco de Montevideo.
O poeta Hidalgo fala da gaita e do fungeiro [así consta no texto orixinal] o cal significa que recibiu información dun músico gaiteiro que lle dixo que o ronco ou roncón que fai de baixo no instrumento ten semellanza co pao [estadullo, fumeiro ou fungueiro] que espetado en vertical serve para protexer a carga que se transporta no carro. Postos a supoñer ata se pode albiscar que o informante de Hidalgo era coruñés ou pontevedrés xa que é onde predomina a pronunciación con gheada, un fenómeno fonético propio da lingua galega. Na pequena Montevideo de comezos do século XVIII aínda non había emigrantes galegos e soamente podemos contabilizar algún que outro militar ou sacerdote .
Dona Diáspora falará co novo secretario xeral de Política Lingüística para propoñerlle un proxecto de recuperación dos apelidos orixinarios e auténticos dos descendentes de emigrantes galegos no Uruguai. Foi na capital uruguaia onde o pioneiro arousán Luís Costa García [Juan García Durán] conseguiu en 1963 o establecemento dunha cátedra de Lingua e Literatura Galegas no seo da Facultade de Humanidades e tamén alí en 1984 ---na sede do Patronato da Cultura Galega--- tivo lugar o primeiro curso de galego normativo no exterior. Por tanto é o lugar máis axeitado para comezar a camiñar polo rego da memoria e honrar aos avós emigrantes mediante a tramitación oficial diante do Rexistro Civil da reposición dos apelidos estragados pola intolerancia. Os que coñecemos a Valentín García Gómez sabemos que é unha persoa de fondo sentimento galego que non esquece aquel mate quente que recibiron os nosos desprazados cando se achegaron a quecer as súas friaxes nas beiras riopratenses.
Os nosos nomes de familia están presentes na vida social uruguaia desde antes do nacemento do país ---18 de xullo de 1830--- e algúns son inequívocos: Aldao, Alvite, Ares, Baliñas, Barreiro, Beiras, Cao, Calo, Canosa, Chaín, Chans, Cores, Collazo, Deira, Dieste, Esmorís, Fidalgo, Figueira, Gonda, Ínsua, Lama, Lamas, Leira, Lorenzo, Muíño, Neira, Novo, Novás, Nóvoa, Oubiña, Outeda, Outes, Pazos, Pena, Porteiro, Portela, Rosende, Saa, Saavedra, Saborido, Soliño, Traba, Trobo, Touriño, Varela, Vázquez, Vieites, Vilar, Vigo, Vieira. O problema está nos que foron deformados ou deturpados polos funcionarios esnaquizadores da lingua propia de Galicia. O autoritarismo fixo que milleiros de familias perdesen os seus apelidos orixinais ao seren substituídos por chafalladas que pretendían impoñer unha lingua superior.
Será moi emotivo que os descendentes se presenten no rexistro para solicitar a restitución do seu patrimonial Seixo [Seijo non é nada porque traducido ao castelán é cuarzo] ou do seu eufónico Ameixeiras [Ameijeiras non existe xa que traducido sería ciruelos] manifestando que son herdeiros da moi antiga etnia galega dos sementadores de solidariedade polos vieiros do mundo. O goberno uruguaio recibirá da Xunta de Galicia un completo e rigoroso informe técnico que lle servirá de fundamentación científica para a aprobación dunha orde ministerial que desenvolva a normativa a seguir polos interesados e as oficinas do Estado Civil para que o cambio teña efecto legal.
Dona Diáspora pensa que don Valentín debería de viaxar a Montevideo para entrevistarse co presidente Mujica que é unha persoa sensible e agradecida cos galegos que axudaron na consolidación dunha ampla clase media de pequenos comerciantes e industriais. O presidente poderá escoitar unha completa explicación histórica e filolóxica sobre a evolución da lingua galega ao mesmo tempo que recibirá unha descrición da paisaxe das terras estradenses de Montillón. O actual secretario xeral estivo moitos anos traballando no concello da Estrada e leva tempo intentando que o gran Silva teña en Galicia un espazo cultural propio onde se expoña algún dos seus máis coñecidos retratos. Soamente coas fotos que lle fixo a Carlos Gardel [Carlos Escayola Oliva] nas sesións realizadas en outubro de 1933 xa temos un lugar de referencia para os amantes do tango e da fotografía.
Se o Uruguai aproba a norma que permita a recuperación dos auténticos apelidos galegos será un exemplo que logo seguirán outros países xa que non é un tema menor, mire por onde se mire, xa que estamos diante dun apartado que forma parte dos dereitos da humanidade. Galicia é unha terra con identidade diferenciada desde a prehistoria que non debe permitir que un curto período de escuridade deixe nas familias emigradas a triste e inxusta herdanza dunha marca represiva. O proceso represor buscaba a infravaloración da lingua propia para obter unha sociedade galega de súbditos sen autoestima e por tanto sen voz. Non tivo éxito a ofensa xa que só feriu na casca. Nós somos unha dura amálgama saída da aliaxe coa vella tribo dos penedos que o vento moldea pero nunca escacha. Por iso hai que limpar o lixo que quedou esquecido nas enrugas dos nosos apelidos.
- Manuel Suárez Suárez. (mansuarez[arroba]quepasanacosta.gal)
Outros artigos dende Lonxe de Montevideo
- Tres galegos da Costa da Morte en terras montevideanas.
- O hórreo do presidente Mujica.
- “La Juvenil” de Bos Aires e “Casa Cruz” de Baio.
- Forza Adolfo!.
- Dona Diáspora busca traballo en Montevideo.
- Galicia, entre Piriápolis e Tacuarembó.
- An Oriant, graciñas.
- Os mesmos sentimentos emigrantes en Bos Aires.
- Un rapaz solidario chamado Martiño.
- A maleta montevideana de dona Diáspora.
- A maleta arxentina de dona Diáspora.
- A forza dos Penedos de Pasarela.
- Dona Diáspora nas beiras do Río da Prata.
- En Bos Aires, unha romería solidaria.
- A páxina emigrante dunha gaiteira montevideana.
- Sempre na Habana!..
- Imos camiño da Habana?.
- O exilio de don Voto Perdido.
- A nosa herdanza na Habana.
- O futuro do Centro Galego de Bos Aires.
- As tres palabras que perderon os emigrantes.
- Unhas garimosas apertas de dona Diáspora.
- Dona Diáspora en Hollywood.
- Unha aperta fisterrá para Rosario Olveira en Montevideo.
- Ánimo para Cristina e adeus ao prezado irmán Carbajal.
- Galicia fíxose na diáspora.
- Un recordo para Andrés Pazos e unha aperta para Carlos Penelas.
- Dous herdeiros riopratenses: Noemí Rial e Jorge Muíño.
- Unha boa homenaxe aos emigrantes no Uruguai.
- Apertas galeguistas para don Manuel Cordeiro Monteagudo.
- As alegrías e as penas de dona Diáspora.
- Carlos López García-Picos, egrexio compositor betanceiro.
- Un tango para Rosalía de Castro.
- Forza Uruguai!.
- No “Derby” con Roxelio de Cesantes.
- Dona Diáspora quere máis retorno.
- Os grelos de Gladys.
- Os espazos emigrantes de dona Diáspora.
- As empanadas montevideanas de dona Valentina.
- Un baúl da Arxentina.
- A tolemia do voto emigrante.
- A singradura emigrante.
- O ingreso de Andrés Pazos na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A xenerosidade de don Marcelino de Alqueidón.
- Un adeus moi garimoso para Andrés Pazos Pérez .
- A necesaria unidade dos centros galegos en terras americanas.
- As mans de María.
- Unha sesión especial na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para un país de primeira: Uruguai.
- O molete de Baio e os cruasáns de Malvín.
- Na Asemblea Celestial Riopratense queren que Pepe Mujica sexa o novo presidente do Uruguai.
- As miñas media ducia de razóns para non votar aos BLANCOLORADOS nas eleccións uruguaias.
- Forza Pepe! [O 25 de outubro hai eleccións presidenciais no Uruguai].
- Pérez Prado na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Un adeus fondamente galego para Antonio Pérez Prado.
- O centenario de Tacholas na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Debate sobre Gondomar na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para Castelao Bragaña.
- A biografía dun poeta emigrado.
- Hai moita preocupación na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Cando Cheíto de Romarís foi para Delémont.
- A sesión do 17 de maio na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Chegou o momento da UNIDADE aos fogares sociais galegos na diáspora.
- Chegou o momento do Espazo Emigrante no monte Gaiás.
- Na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega HAI DEBATE postelectoral.
- O debate entre Abraira e Sánchez na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega .
- Balbina, unha centenaria de Rebordelo.
- Debate sobre o voto exterior na Asemblea Celestial da Emigración Galega no Río da Prata .
- Necesitamos axentes electorais con experiencia [Absterse os que teñan ética profesional].
- Unha conversa na pizzería montevideana “Subte”.
- A Costa tamén vota dende Lonxe de Montevideo.
- ¿Querés que te haga un churrasquito, Manolito?.
- A familia Penedos de Pasarela.
- Dona Dionisia de Cedeira e as vindeiras eleccións autonómicas.
- O neno do lobo en Montevideo (II): Na esquina de Propios e Carabelas.
- O neno do lobo en Montevideo (I): "Na esquina de Pantaléon Artigas e Ipiranga".
- Unha boa vacina contra do peronismo.
- ¿Querés un mate, gayego? Tomá mate, che que en el Rio de la Plata no se estila el chocolate.
- O fotógrafo preferido de Carlos Gardel.
- A güeya dun gaucho de Ribadeo.
- Os charrúas do Uruguai e as charrúas de Allariz.
- Un ferreiro de Tines en Montevideo.
- Un atípico emigrante da Laracha en Montevideo.
- Os nosos herdeiros riopratenses.
- A democracia dun capador bergantiñán en Montevideo.
- Un emigrante de Fisterra.
- Os emigrantes dicimos NON aos que queren pechar as portas.
- Entre Barcelona e Montevideo, díptico emigrante.
- De Barallobre a Bos Aires .