O naufraxio do Bonito
20 de novembro de 2010 (11:49 h.)
Continuamos coa proposta chea de salitre, con sabor a un mar de ausencias que nos ofrecen Xusto Fisterra e Manuel M. Caamaño dende as súas bitácoras. Unha sección cargada de sentimento, onde as historias dos naufraxios se contan en primeira persoa.
Hoxe, dende Muros, Manuel M. Caamaño cóntanos unha a historia salgada dun naufraxio ben coñecido: O Bonito, que xa tivo as súas homenaxes como a do Proxecto Costa da Morte da man de Fran Herbello ou a que lle rendíu o concello fisterrán, que dicía aquelo de "O sal, o sangue de Fisterra".
En onde hai mar, hai mariñeiros. Onde hai mariñeiros hai barcos e onde hai barcos, a veces ocorren desgracias. Pero a pesar de que o mar adoita reclamar un imposto cada certo tempo; ningún pobo mariñeiro esquecerá nunca aos fillos que perderon as súas vidas nel.
Demasiado dor, demasiadas viúvas e orfos. Cal é o porto da nosa costa que non posúe a súa particular traxedia?
O Ave do Mar en Moaña , O Cizurquil en Muros e en Fisterra o Bonito , son só algunhas das traxedias acaecidas e protagonizadas por mariñeiros nas nosas costas.
Estas desgracias non adoitan estar reflectidas nos grandes libros sobre naufraxios. A morte dun mariñeiro non vende exemplares! Pero os orfos, as viúvas, as nais, destes homes de mar, están e estarán sempre aí, e nunca han esquecerse dos seus.
Non deixemos que a lembranza fine con eles. Lembremos nós tamén. E así pervivirán no tempo e na memoria. 32 orfos deixaron os 11 tripulantes do palangreiro "Bonito" na vila de Fisterra o 18 de xaneiro de 1960.
Aínda hoxe, case 50 anos despois da traxedia, descoñécense as causas da súa desaparición.
O bonito era propiedade de Matías Canosa, e foi construído no ano 1945.
Estaba inscrito no folio 1091 da terceira lista, desprazaba 8 toneladas e posuía un motor de 40 HP.
Poucos meses antes da traxedia o palangreiro, reparara o seu motor e remoceara o seu casco.
No seu rol 11 nomes doutros tantos homes que nunca regresaron a súas casas:
O naufraxio do Bonito
- RAMÓN TRILLO LIZANCOS , patrón de pesca;
- JUAN FERNANDEZ MARCOTE, motorista;
- MANUEL RIVERA CALO
- JUAN LAGO DOMÍNGUEZ
- RAMÓN LAGO DOMINGUEZ
- FRANCISCO SANTAMARÍA CANOSA
- JUAN LOPEZ DOMÍNGUEZ
- JUAN TRABA TRILLO
- AGUSTIN RIVAS DOMINGUEZ e
- MANUEL LOPEZ LOPEZ; (mariñeiros).
- Manuel M. Caamaño (Homes de Pedra en barcos de pau).
Máis información
- Blog de Xusto Fisterra: Xusto Fisterra.
- Blog de Manuel M. Caamaño: Homes de Pedra en barcos de pau.
A cara máis íntima do Naufraxio
- O María Benita.
- Naufraxio no río Xallas.
- O naufraxio do Good Lion.
- O Naufraxio da dorna "Magdalena".
- O Urlea.
- Cariño, agarimo e Miramar.
- Unha vida truncada nunha hora.
- "Foulas Anacaradas".
- O Isleña - Un naufraxio esquecido?.
- O Barito, unha morte predecible.
- Historia dun espolio.
- O tío Benito e mais o Tío Juanitiño.
- O Vapor da Prata (o Skyro).
- O Enero... lembranza ó Carme.
- Traxedias esquecidas: O Vapor "X2".
- Gran Soleiro II: Un rescate, unha perda....
- Dom Pedro.
- O naufraxio do Frank C en primeira persoa.
- A cara máis íntima do Naufraxio: O Frank C.
Novas relacionadas
- A bitácora da semana (LXXXI): O blog de Xusto de Fisterra.
- A bitácora da semana (XCII): Homes de Pedra en Barcos de Pau.
- O Proxecto Costa da Morte homenaxea ao Bonito.
- Modesto Fraga leva a poesía ata o fondo do mar de Fisterra.
- Os 500 naufraxios da Costa da Morte.
- Os Naufraxios da Costa da Morte protagonistas dunha documental de Cuarto Milenio.
- Conversando en Corme: Un repaso con Fernando Patricio Cortizo á historia de moitos Naufraxios da Costa.
- Descubrindo os tesouros que agocha o mar.
- Recuperando o patrimonio subacuático da Costa da Morte.
- O último corsario presentou a súa novela na casa.
- Flocos.tv: A Rosa dos ventos.
Máis artigos sobre Naufraxios
- Un artigo de Xosé Manuel Varela Varela: Un náufrago na Costa da Morte.
- Un artigo de Juan Campos: Retrato dun capitán suicida (O naufraxio do Liverpool).
- Unhas pequenas notas sobre o Serpent e a Costa da Morte con Juan Campos.
- A Costa da Morte non existe, por Juan Campos.
Homenaxes
- Homenaxe ao Bonito: "O sal, o sangue de Fisterra".
- Homenaxe ao Serpent 2009: Sembrando os cimentos dunha homenaxe aos mortos do mar.
- "Unha vida no mar", documental sobre o mar de Laxe.
Fonte
- Redacción de QPC ( info@quepasanacosta.galEste enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).