Spitzer
23 de xullo de 2011 (09:27 h.)
Eliot Spitzer foi gobernador de Nova York durante un ano. Cachárono indo a putas e dimitiu, despois de que o FBI o investigara por un pago á axencia de xestion dun “servicio de acompañamento” (o xeito fino no que os ricos chaman aos puticlubs de luxo).
Spitzer, antes de ser elexido gobernador foi Fiscal do Estado en Nova York e foi o único (si, o único) que investigou, denunciou e logrou condear a algún dos ladróns que sentaban á fronte das empresas que roubaron a mans cheas grazas á nula regulación en Wall Street. El foi quen investigou a Goldman Shaks, a AIG e ao resto cando ninguén sabía que falseban a súa contabilidade para protexer as operacións hipotecarias que, cinco anos despois, seguen devastando a economía global. De feito, probablemente foi isto, a súa etapa como fustigador da bolsa e dos tiburóns financeiros, a que provocou que fose investigado. O que me interesa máis é o xeito no que as cousas cambian porque, de ser aquí, entre nós, a este o elixen por maioría e de dimitir nada de nada. Iso é de bobos.
O escándalo Spitzer é a demostracion máis palpable do xeito no que a moral, o deber e a responsabilidade non teñen xa espazo no noso mundo, no de cada día na Galicia profunda. Aquí nada, ningunha acción por debaixo do asasinato xustifica a condea de ningunha personaxe pública. Por contra, determinadas investigacións popularizan e elevan o nivel público do investigado ata outorgarlle importantes réditos electorais, ¿por qué?. Porque ser miserable vende. E non sabedes canto.
En España, en Galicia e por suposto na Costa da Morte, ser “malote” vende. Medrar por medrar, social e económicamente, está ben visto. É positivo. Ninguén se pregunta polo xeito no que se medra, só se trata de medrar e, unha vez que se chega ao máis alto dentro do rango de alturas propio de cada entorno, hai que perdurar. E iso non inclúe a moral, nin o carácter, nin contar cun alto estándar en valores. Se trata só de perdurar. Dimitir non é unha opción.
Aquí debería pontificar sobre a necesidade de que nós, os cidadáns, revisemos canto de culpa temos nestas actitudes, canto de responsabilidade nos pertence por non condear de xeito unánime aos nosos administradores e, etc, etc... pero non. Dame o mesmo. A fin de contas se trata de medrar e nisto, canto máis can, canto máis senvergoña e ladrón é un, mellor. Así de simple.
Eliot Spitzer é unha anormalidade incluso para os Estados Unidos, lugar onde os cargos públicos son ben perseguidos por uns medios que non perdoan algo tan lóxico coma isto; que alguén que debe obrigar aos demáis a cumprir a lei presente o máis mínimo asomo de corrupción, inmoralidade ou falla de valores. Por iso dimitiu Spitzer, por iso o fixeron antes que el ducias de líderes políticos, gobernadores, fiscais xerais e demáis nun país cuns códigos morais claros nesta materia. Non son tan claros noutras cousas, pero ¿quen son eu, veciño de Cee, para dar leccións a ninguén sobre responsabilidade e moral?
Aquí, pagamos aos presuntos delincuentes para que vivan con tranquilidade mentres centos de familias pasan fame e só reciben a axuda de Caritas. Aquí valoramos máis a calidade (suposta) das orquestras para a festa antes que sacar da fame aos nosos veciños e permitimos algo coma o “Valle de los Caidos”, que custou 800 millóns de pesetas dos anos 40 mentres nesa mesma España morrían de fame millóns de persoas. Pero, ¿que queredes que diga? así somos. Esta ben. A fin de contas ¿que xustificación atoparemos cando todo salte polos aires? ¿que diremos? ¿que non sabiamos nada?
Falso. E aquí estaremos algúns para recordalo.
Eramos conscientes e cómplices. Permitimos as festas, o puterio e o fraude continuado. Permitimos a polarización política, o control bancario da vida pública, a intromisión da igrexa en asuntos públicos e a corrupción como norma de xestión da vida pública. Somos uns vulgares “Spitzer´s”. Fiscais da vida publica que perseguen os puteros pero despois vamos a putas. Así somos.
- José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.gal).
Máis información e contacto
- Facebook: José Luis Louzán.
Novas relacionadas
Verdades anteriores
- Deberes.
- O Dilema.
- Pérez.
- AA.
- Mouseland.
- First Lady.
- Feitos.
- Cálculo Mezquino.
- Saqueo Vikingo.
- Medidas cautelares.
- A memoria.
- Neutral.
- Falso.
- Cómplices Silenciosos.
- Tufillo.
- Podre.
- Dinosaurios.
- Pese a quen pese.
- Nestes días tan terribles.
- Indiferenza.
- A estafa.
- Fascismo.
- Municipais
- Marbella.
- Cuestión de tempo .
- Falsas aparencias.
- Despilfarro.
- Envexa.
- Shackleton.
- A fin da sociedade civil.
- A Resposanbilidade.
- Tabaquismo.
- ¿Por que?.
- Solutions. Medio ambiente e enerxía.
- Liberais Contra conservadores.
- Solutions. Economía.
- Entelequia.
- Liderazgo.
- A Patronal.
- Fuxir da poliarquía.
- Intrigado.
- Lobos e ovellas.
- Límites xeográficos.
- Volver.
- 110 veces despois.
- Vacacións.
- Errores de bulto.
- Iluso.
- É nosa.
- Máximo de Hubbert.
- Sentenciados.
- Euforia.
- Sociedades Inflamables.
- Servil e ignorante.
- Colapso.
- Nos mundos de Yupi.
- “Agallas”.
- O Circo das Pulgas.
- A fin dos moderados.
- Ilusión de movemento.
- “Aínda que pareza mentira…”.
- A Ignorancia.
- Síntoma.
- Porque lle chaman lei cando queren decir cachondeo.
- Ruanda.
- Naves de Marte.
- Realismo Vs Optimismo irracional.
- Nunca Xamáis.
- A débeda.
- Clamor.
- Debates estériles.
- Irresoluble Problema.
- SERGAS S.A..
- Tópicos e presuposicións.
- A Praza que nos separa.
- Alzheimer público.
- Falando o valeiro.
- Desistencia de autoridade.
- Conspiranoia.
- Piratas a bordo.
- Esquizofrenia política.
- Conciencia.
- Papel mollado.
- O vaso medio cheo….
- Patrimonio do ¿Estado?.
- Perversión.
- Unicamente naquel lugar.
- “Nenu, Que mala es la Dronga”.
- Un modo distinto de gobernar.
- Postais.
- O Complexo de inferioridade.
- Summer in the city.
- Todo necio confunde valor con precio.
- Os “Salvapatrias” .
- Infamia.
- Amigos.
- Baixo a tiranía da ignorancia.
- Dereitos.
- Event Horizont.
- Non me gusta a túa musica.
- Falsas apariencias.
- Evidencias que nos matan.
- Cidade sen lei.
- O dia de.
- A noite do cazador .
- O asombroso caso da urbanización pantasma.
- A venda nos ollos.
- A utopía Democrática do mundo de nada .
- A delgada liña vermella .
- Unha chispa de luz no lugar máis aburrido do mundo .
- Os catro pilares do desastre .
- A triste realidade de cada día .
- Eu non son Anxo Quintana.
- Dúbidas Razoables.
- A mente sobre a materia.
- Todos vivimos na política.
- O progreso.
- Xente corrente:
- A Responsabilidade.
- Terra de miserables.
- Escaso prezo.
- I have a dream.
- A Constitución ¿de todos?.
- Corralito.
- Un país metido nunha fosa.
- Categorías.
- A delgada liña.
- Notoriedade.
- Autoritas.
- Onde vas Alfonso XIII? IIª parte.
- Onde vas Alfonso XIII?.
- O sentido da medida-
- Estamos concentrados.
- A Espeleoloxía é unha ciencia.
- Que verde era o meu val.
- Tórrido verán.
- Carta aberta a D. José Bono Martínez, Presidente del Congreso de los Diputados..
- En realidade todos son iguais.
- Don Cretino e a grande tarta do Rei.
- Cuestión de principios.
- Ás veces dáme moita vergoña ser de Cee.
- Ignorantes Consentidos.
- Punxsutawney Phill.
- Bandeiras dos nosos fillos.
- 200.000 m2.
- A hora das depedidas.
- Longo Abril de chuvascos.
- Leis para nada.
- A fin da Inocencia.
- Chiringuitos.
- “Había una vez, un circo….”.
- Agora vai parecer que esto son as Seychelles.
- Sobre a erótica do poder e de como “aplicarse o conto”.
- ¿Porque os chaman impostos cando queren dicir roubo?.
- Verdades como puños: Unha breve introdución.