venres. 09.05.2025
El tiempo
09:27
23/07/11

Spitzer

Eliot Spitzer foi gobernador de Nova York durante un ano. Cachárono indo a putas e dimitiu, despois de que o FBI o investigara por un pago á axencia de xestion dun “servicio de acompañamento” (o xeito fino no que os ricos chaman aos puticlubs de luxo). Spitzer, antes de ser elexido gobernador foi Fiscal do Estado en Nova York e foi o único (si, o único) que investigou, denunciou e logrou condear a algún dos ladróns que sentaban á fronte das empresas que roubaron a mans cheas grazas á nula regulación en Wall Street. El foi quen investigou a Goldman Shaks, a AIG e ao resto cando ninguén sabía que falseban a súa contabilidade para protexer as operacións hipotecarias que, cinco anos despois, seguen devastando a economía global. De feito, probablemente foi isto, a súa etapa como fustigador da bolsa e dos tiburóns financeiros, a que provocou que fose investigado. O que me interesa máis é o xeito no que as cousas cambian porque, de ser aquí, entre nós, a este o elixen por maioría e de dimitir nada de nada. Iso é de bobos. O escándalo Spitzer é a demostracion máis palpable do xeito no que a moral, o deber e a responsabilidade non teñen xa espazo no noso mundo, no de cada día na Galicia profunda. Aquí nada, ningunha acción por debaixo do asasinato xustifica a condea de ningunha personaxe pública. Por contra, determinadas investigacións popularizan e elevan o nivel público do investigado ata outorgarlle importantes réditos electorais, ¿por qué?. Porque ser miserable vende. E non sabedes canto. En España, en Galicia e por suposto na Costa da Morte, ser “malote”  vende. Medrar por medrar, social e económicamente, está ben visto. É positivo. Ninguén se pregunta polo xeito no que se medra, só se trata de medrar e, unha vez que se chega ao máis alto dentro do rango de alturas propio de cada entorno, hai que perdurar. E iso non inclúe a moral, nin o carácter, nin contar cun alto estándar en valores. Se trata só de perdurar. Dimitir non é unha opción. Aquí  debería pontificar sobre a necesidade de que nós, os cidadáns, revisemos canto de culpa temos nestas actitudes, canto de responsabilidade nos pertence por non condear de xeito unánime aos nosos administradores e, etc, etc... pero non. Dame o mesmo. A fin de contas se trata de medrar e nisto, canto máis can, canto máis senvergoña e ladrón é un, mellor. Así de simple. Eliot Spitzer é unha anormalidade incluso para os Estados Unidos, lugar onde os cargos públicos son ben perseguidos por uns medios que non perdoan algo tan lóxico coma isto; que alguén que debe obrigar aos demáis a cumprir a lei presente o máis mínimo asomo de corrupción, inmoralidade ou falla de valores. Por iso dimitiu Spitzer, por iso o fixeron antes que el ducias de líderes políticos, gobernadores, fiscais xerais e demáis nun país cuns códigos morais claros nesta materia. Non son tan claros noutras cousas, pero ¿quen son eu, veciño de Cee, para dar leccións a ninguén sobre responsabilidade e moral? Aquí, pagamos aos presuntos delincuentes para que vivan con tranquilidade mentres centos de familias pasan fame e só reciben a axuda de Caritas. Aquí valoramos máis a calidade (suposta) das orquestras para a festa antes que sacar da fame aos nosos veciños e permitimos algo coma o “Valle de los Caidos”, que custou 800 millóns de pesetas dos anos 40 mentres nesa mesma España morrían de fame millóns de persoas. Pero, ¿que queredes que diga? así somos. Esta ben. A fin de contas ¿que xustificación atoparemos cando todo salte polos aires? ¿que diremos? ¿que non sabiamos nada? Falso. E aquí estaremos algúns para recordalo. Eramos conscientes e cómplices. Permitimos as festas, o puterio e o fraude continuado. Permitimos a polarización política, o control bancario da vida pública, a intromisión da igrexa en asuntos públicos e a corrupción como norma de xestión da vida pública. Somos uns vulgares “Spitzer´s”. Fiscais da vida publica que perseguen os puteros pero despois vamos a putas. Así somos.
  • José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.gal).

Máis información e contacto

Novas relacionadas

Verdades anteriores

Comentarios