Costa

Empecei a escribir isto unhas quince veces. Primeiro desafogueime sobre todas esas personas que predican saúde mental pero despois nos tratan como escoria da sociedade. Despois ía a explicarvos que nos pasa no noso día a día pero si buscades en google tendes muita información aínda que resumidamente: “Trastorno del estado de ánimo, transitorio o permanente, acompañado de ansiedad caracterizado por sentimientos de abatimiento, infelicidad, culpabilidad y anhedonia. Conlleva incomprensión social y estigmatización, debido al desconocimiento de la misma. Esto va ligado a que quien la padece tarde en pedir ayuda o piense en recorrer al suicidio”. En definitiva, só pretendo normalizar unha enfermidade que cada vez é máis común en xente nova e para que mentir, escribir creo que me fai ben, porque é a miña forma de expresar e de soltar, e ti es libre de non pararte a ler isto si non queres, en verdade, dame igual. 

Estou cansada, máis que cansada exhausta. Cando tes unha depresión o teu maior problema es ti mismo. Esa retroalimentación negativa, eses pensamientos intrusivos constantes, esas rumiacións, ese malestar contigo mesmo. Crin que isto estaba superado, que o bache xa se arreglara e que seguiamos adiante pero estoume dando unha ostia de realidade importante. Non estou ben, e o mellor nunca o vou a estar de todo, só son épocas mellores e outras máis merda, e non pasa nada. É o que hai. Si me gusta ben e senón tamén. 

Pero agora mesmo costa, muito. Costa levantarse, costa vivir, costa non tirar a toalla máis dunha vez a semana, costa non querer cerrar os ollos para sempre, costa cada palabra, cada xesto, cada mirada. 

 

A depresión é unha enfermidade na que a penitencia vai por dentro. Non estamos comprendidos pola maioría da sociedade, de feito estamos estigmatizados como “os tolos”. E sabes que? Seguimos sendo personas coma vós, con sentimentos coma vós. Só temos a mala sorte de ter unha enfermidade na cabeza que non nos deixa vivir unha realidade como a vosa, senón unha vida máis oscura, complicada e negativa. Pero como casi todo nesta vida, non ten cura pero si remedio, a medicación, a nosa gran ferramenta para ter as forzas de querer seguir loitando contra nós mesmos e non ir ao camiño “fácil” de deixar todo atrás e desaparecer. E digo “fácil” porque non te podes nin imaxinar o mal que o temos que estar pasando para chegar ao punto de preferir morrer e deixar de sentir dor por dentro. 

A medicación non cura pero axuda a buscar unha falsa estabilidade. E digo falsa porque temos muitos baixóns aínda medicados, pero hai algunha claridade por aí. Teño claro que no meu caso non me vou curar nunca e teño que aprender a vivir así, tal e como son, pero gracias a nonseiquen, teño a grandísima sorte de ter a miña familia que me apoia incondicionalmente aínda que ás veces lles coste entenderme. Non me sinto soa nese sentido, teño tamén uns magníficos especialistas cos que podo contar todos os meses que me intentan facer ver as cousiñas doutra forma e que non me culpabilice tanto de todo o que pasa na miña vida. 

E a vós, aos que sodes uns auténticos ignorantes e nin vos molestades en informarvos porque vos é muito máis simple poñernos unha etiqueta, oxalá nunca vos pase isto nin a vós nin a alguén a quen queirades. Se non vas a aportar, mellor apártate e deixa vivir en paz. Xa abondo temos con ter que pelear con nós mesmos todos os días, e cos problemas e trabas que nos pon a todos esta vida na que estamos que por desgracia non é fácil nin a facemos nos fácil como para ter tamén que aguantarvos a vós.

  • Laura Pola. Natural de Panchés, son unha persoa sinxela por fóra e complicada por dentro, con moito dano vivido e moito amor por recibir. Só quero vivir sin ser xulgada, nunha sociedade onde se priorice o amor e a saúde.

Outros artigos de Laura Pola