Cando o talento marcha, e ten nome de muller

Hai tempo que en España nos lamentamos pola fuga de talento, pero seguimos sen afrontar a realidade que hai detrás de todo isto. O máis preocupante non é só que se vaian as persoas mozas mellor preparadas, senón que a maioría das que se marchan son mulleres. Segundo Eurostat, máis do 55 % das persoas con estudos superiores que emigran dende o noso país, son mulleres.

En moitas ocasións, aínda que as nosas mulleres estean ben formadas, seguen tropezando aquí en España, con barreiras invisibles (o teito de cristal): soldos máis baixos, dificultades para crecer nas súas carreiras profesionais, e unha conciliación familiar que segue recaendo sobre os seus ombreiros. Ó final, acaban atopando fóra do país o que aquí non se lles ofrece: oportunidades reais, respecto profesional e un espazo para avanzar sen ter que xustificar a súa valía constantemente.

O triste é que as formamos aquí na nosa terra, en universidades públicas e privadas do país, e logo deixámolas escapar. Falar de igualdade sen actuar sobre estas realidades non serve de moito. Que o talento feminino teña que marchar é un fracaso colectivo. Ogallá a fuga de inxenio non se convirta nun costume asumido, senón nun reto que sexamos capaces de revertir entre todos.

  • Víctor Manuel Serén Cañás. Estudiante carballés de grado de Comunicación, Universidad Oberta de Catalunya.