MerCamarinas.com: Os comercios de Camariñas asaltan a rede
Segue medrando a Plataforma de venda online www.mercamarinas.com. Xa son 40 os establecimentos adheridos esperando que a plataforma estea lista para poder comezar xestionar as súas tendas virtuais.
E para seguir promocionándoa, o Concello realizou un vídeo corporativo no que os propios profesionais son os protagonostas.
A campaña incluirá ademais sesións formativas de fotografía e edición fotográfica fácil,de xestión da tenda virtual, ou de posicionamento (como escribir para que Google coloque á tenda nos resultados de busca ou para estimular ao cliente a comprar) e, ademais, tamén se asesorará na creación e xestión das redes sociais do negocio.
Todos aqueles comercios ou locais de hostalería que desexen adherirse aínda poden facelo mediante o formulario da web www.mercamarinas.com.
Adherirse a esta campaña é totalmente gratuíto e o goberno local anuncia que, logo desta primeira remesa, se ampliará este plan abrindo a posibilidade de participación para os locais de hostalaría.
Novas relacionadas
- O escritor Víctor Fernández Alves, protagonista da reactivación do programa audiovisual #EusonCamariñas.
- A central de vendas MerCamariñas, que tende a man á hostalería, xa ten os primeiros 20 establecimentos.