Catro regueifas de Bergantiños entre as gañadoras do Enreguéifate

Segue o proxecto Enreguéifate espallando a improvisación popular galega por todo o país, e confirmando boa acollida nesta nova edición do seu certame de regueifas en vídeo. Este ano pechou a convocatoria cun total de 84 vídeos inscritos entre as dúas categorías do concurso —escolar e xeral—. A diversidade das propostas recibidas pon de manifesto a capacidade dos xéneros de improvisación oral en galego para adaptarse, medrar e conectar coas novas xeracións.

E xa temos gañadoras deste certame —impulsado polos servizos de Normalización Lingüística dos concellos de Ames, Arzúa, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo— que vén de outorgar oito premios en cada categoría, recoñecendo a regueifa máis brava, máis aguda, máis diversa, máis reivindicativa, mellor cantada, mellor falada, máis inclusiva e máis entroideira.

Entre as regueifas gañadoras temos que destacar a "Viaxes improvisadas", da Escola da Regueifa de Carballo, que vemos arriba, ou a aportación herculino-bergantiñá de Arrieiro (Malpica) e Chaminho (Cambre) coa súa -"reguei-FIT-eiros", de Cambre e Malpica.

Ademais, na categoría escolar, temos dúas gañadoras: 

Na categoría á máis brava, gañaron "Os fervellasverzas" coas "A mocidade anda nas verzas", feita por Interveñen: Sara Villar, Mia Gerpe, Mario Mallo, Yoel Cotelo, Manuel Vázquez, Iria Facal, Hugo Regueira, Eloy Docampo, Celia Cancela, de 6º de Primaria do CEIP Plurilingüe Nétoma-Razo, de Carballo.
 

E finalmente, a Regueifa máis entroideira foi Faísca Bergantiñá - "Duelo de Entroido: Valenza vs. Rececinde", do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco.

 

Os galardóns entregaranse o xoves 16 de abril, ás 11:45 horas, nunha gala no Teatro Principal de Pontevedra.

A Listaxe de gañadoras

O xurado estivo composto por Manolo Maseda, mestre, músico e regueifeiro; Séchu Sende, mestre, escritor e regueifeiro; Laura Gil, técnica do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Arzúa e Conchi Cochón, técnica do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra. 

Os vídeos premiados poden verse na web do certame ou na canle de Youtube.

Categoría xeral:

  • Regueifa máis brava: Regueifeiras do CIOV - "Saúde e lingua!", de Vigo.
  • Regueifa máis aguda: Arrieiro e Chaminho -"reguei-FIT-eiros", de Cambre e Malpica.
  • Regueifa máis diversa: R5 Aeroliñas Regueifeiras - "Viaxes improvisadas", da Escola da Regueifa de Carballo.
  • Regueifa máis reivindicativa: Reporteiros regueifeiros - "Regueifa informativa", de Pontevedra.
  • Regueifa mellor cantada: Coros Virxe da Renda e Casa Rosada - "A vida con humor", de Poio.
  • Regueifa mellor falada: Familia V.A. - "Flores e cores", de Santiago de Compostela.
  • Regueifa máis inclusiva: Teiseiros regueifeiros - "O home contra a máquina", do Centro de Inclusión Fundación de Santa Cruz en Vigo.
  • Regueifa máis entroideira: Regueifeirxs do Entroido - "Regueifa do Entroido", de Santiago de Compostela.

 

Categoría escolar:

  • Regueifa máis brava: Os fervellasverzas - "A mocidade anda nas verzas", do CEIP Plurilingüe Nétoma-Razo de Carballo.
  • Regueifa máis aguda: Astrovacas - "Misión Onomástica", do IES Arcebispo Xelmírez II de Santiago de Compostela.
  • Regueifa máis diversa: Lopeiros - "Regueifa universal", do CEIP Plurilingüe Lope de Vega de Vigo.
  • Regueifa máis reivindicativa: Pois Disque Cantamos - "A regueifa é mundial", do IES de Melide.
  • Regueifa mellor cantada: Regueifando en Dodro - "Antes ou agora?", do CPI Plurilingüe Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro.
  • Regueifa mellor falada: Regueifeiras da Chá - "Churras, churras, churras!", do IES Basanta Silva de Vilalba. 
  • Regueifa máis inclusiva: As e os regueifeiros do Quiroga, 4º C - "Un día con nós", do CEIP Plurilingüe Cardeal Quiroga Palacios de Santiago de Compostela.
  • Regueifa máis entroideira: Faísca Bergantiñá - "Duelo de Entroido: Valenza vs. Rececinde", do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco.