Presentado o programa do ciclo de Primavera enDanza, único en Galicia
25 de marzo de 2023 (10:27 h.)
Así presentou este pasado venres o Concello de Carballo a nova edición do programa Primavera en Danza. A 21ª edición do ciclo
traerá cinco espectáculos ao Pazo da Cultura do 14 ao 29 de abril.
Pasarán polo Pazo os espectáculos:
- Venres 14 de abril | 21.00 h | Colectivo Glovo (Galicia) Tabú.
- Sábado 15 de abril | 20.30 h | Laboratorio Escénico Coop (Galicia) Blues de medianoite (estrea).
- Sábado 22 de abril | 20.30 h | Daniel Abreu (Madrid) El hijo.
- Venres 28 de abril | 21.00 h | Elahood (Galicia) Nó.
- Sábado 29 de abril | 20.30 h | Entremans (Galicia) Bionic.
As entradas xa están á venda na nova plataforma de venda online do Concello de Carballo, á que podes acceder aquí.