En marcha TAS, a oficina mundial de obxectos perdidos feita na Costa da Morte
14 de xullo de 2021 (15:46 h.)
A APP TAS xa está ma App Store e en Googleplay. A aplicación móbil ideada por Rubén Prieto chega para convertirse na oficina virtual e mundial de obxectos perdidos.
O polifacético ceense espera ademais que sirva para moitas máis cousas, como para atopar aquela persoa que non ves dende hai 20 anos, ou o dono do can que acabas de recoller da rúa.
Para o clip de presentación da APP, xentes como César Cambeiro, Toño Casais, Monty Castiñeiras, Saberá Arán ou o propio Rubén Prieto participaron convertindo o vídeo de presentación case que nunhca curta.