A banda subnopunk "Susto que Flipas" lanza os seus primeiros vídeos

Brutais estas catro bravas corcubionesas. Susto que flipas segue medrando e tras lanzar hai un par de meses "Solo soy unha chica", o seu primeiro sinxelo, esta banda que se denomina de "subnopunk" lanza agora "Bocata de xarda", unha radical apoloxia do cunilingus.

As Andrea, Carmela, Angela e Raquel, teñen ademais un último bolo este 13 de decembro na mítica Casa das Crechas de Compostela, para celebrar un ano histórico para elas, que representa o comezo de moitas andainas polo país.

 

Máis novas