"Por que queiman Galiza?" O novo capítulo de The Porquíns Show

Son campais os Porquíns da familia de Sotaque Galego. Xa van polo capítulo 53, sempre co obxectivo de concienciar sobre a defensa do patrimonio cultural e natural. 

Nesta nova aventura, loitan contra os fodechinchos por salvar o país dos lumes. 

Ademais invitan a pasarse pola web/tenda de Sotaque Galego, pois están comezando a vender elementos característicos do noso país como os #CochsBravos protagonistas destas andainas.