O Eco do Ézaro, o espectáculo audiovisual da Fervenza do Xallas

“O Eco do Ézaro” é unha das grandes atraccións deste verán na Costa da Morte. O espectáculo audiovisual do Concello de Dumbría na Ferveza do Ézaro está xerando unha espectación tremenda e cada noite de venres e sábado dende ata o 20 de setembro (tamén as dos xoves 24 de xullo e 14 de agosto; sempre de 22:30 a 0:30h, e de balde) énchese para vivir unha experiencia inmersiva que une patrimonio natural, tecnoloxía e mitoloxía galega.

“O Eco do Ézaro” é unha viaxe simbólica e sensorial que parte das raíces culturais de Galicia e dialoga co presente a través da arte dixital. A lenda e a paisaxe se funden para dar vida a unha historia ancestral. A historia toma como fío condutor a figura da Raíña Lupa, un personaxe da mitoloxía galaica asociada ao Camiño de Santiago e ao antigo “Fin do Mundo” atlántico.

Ao longo das escenas animadas, a narrativa explora a transformación desta figura lendaria: desde a súa posición como gardiá misteriosa e desafiante ata a súa redención e alianza cos primeiros peregrinos. A través de luces láser, proxeccións sobre a auga, efectos sonoros e música orixinal, o espectáculo recrea episodios como o nacemento da fervenza, a proba dos camiñantes, o encontro do pagán e o sagrado, ou o renacemento da harmonía ao pé do océano.

Jesús Vázquez estivo onte por alí, e compartiunos este vídeo.