Falece unha persoa na praia Langosteira

A paz que se vivía esta tarde de domingo na praia Langosteira viuse truncada por un grave suceso. Un home, visitante, duns 60 anos, previsiblemente sufría un infarto ao saír da auga na zona de San Roque e caía desplomado. Os feitos acontecían arredor das 18:00h.

Nada puido facer por salvarlle a vida o helicóptero medicalizado do 061. Ata o lugar dos feitos tamén se desprazou unha patrulla da policía local e voluntarios de Protección Civil de Fisterra.

Ademais, un rato máis tarde, rexistrouse tamén un accidente de tráfico, cun ciclista que saíu ferido cunha fenda na cabeza.