Rescatado un can atrapado nun lazo de caza para xabaríns en Seaia

Un particular alertaba onte da presenza dun can de raza grifona atrapado nun lazo para a caza de xabaríns nun monte de Seaia, en Malpica. Os efectivos do Seproba se desprazaban ao lugar, corroborando que o can esta atrapado nun lazo, arte prohibida para a caza, que colocado estratexicamente nun paso utilizado por este tipo de animais ao obxecto de protexer as plantacións de maíz próximas.

Os axentes liberaron ao can trasladándoo trala súa liberación a unha clínica veterinaria para a súa avaliación e a cura das feridas que presentaba.
Agora traballan na investigación ao obxecto de identificar ao propietario do can, o cal carecía do reglamentario chip identificativo e á persoa responsable da colocación do lazo, para investigalo por un posible caso de maltrato animal.