Dous surfistas axudan a rescatar un home que caía nas pedras de Louro
21 de xaneiro de 2022 (10:14 h.)
Esta mañá de xoves, un home tivo que ser evacuado en helicóptero tras unha caída accidental na zona do Machado, nas rochas do Faro de Louro. Os Bombeiros do GES de Muros e os técnicos sanitarios do 061, xunto con dous surfistas (Marcos e Jacobo) e a Policía Local, axudaron, a trasladar á vítima ata o Helicóptero medicalizado, que emprendeu rumbo ao Hospital de Santiago.