Muros e os Penedos, protagonistas da Foliada de Negreira de Alana
17 de xuño de 2024 (12:13 h.)
O trío Alana segue triunfando polo país. Formado polo cormelán Eloy Vidal, o vimiancés Pablo Castro, e a oleirense Antía Vázquez, andan de xira presentando o seu primeiro disco, “O xeito á cántigha”.
Este verán verémolo o 24 de agosto na Festa Folk da Fin do Camiño de Fisterra e o 31 de agosto nas Torres do Allo de Zas, pero de seguro que pescamos algunha cita máis no país.
E hoxe queremos recordar o seu primeito vídeo, Foliada de Negreira, que se desenvolveu entre Muros e os Penedos de Traba e Pasarela.