A Sala Nasmo fachendea de canteira coa nova banda Iwias

"La Oscuridad" é o seu primeiro tema, pero pronto irán chegando máis. Apenas alcanza os 12 anos, pero xa forman unha banda con talento e proxección, gracias ao acubillo da marabillosa Sala Nasmo. Alí se forman e alí gravaron o seu primeiro videoclip estes rapaces que dan conta da inesgotable canteira do local de ensaio muradán.

Con sangue "nasma", Iwias está formado por Íker ao piano, Mateo á guitarra, Erik á batería e Fabio ás voces, e esta será a primeira de moitas alegrías que nos van dar con seu rock combativo.

Aquí vos deixamos con outro dos seus temazos, gravados en directo nun ensaio na Nasmo:

Máis novas da Sala Nasmo