"Percebe a Barca, Ouro Atlántico", a nova marca do marisco de Muxía
04 de setembro de 2021 (08:34 h.)
Levan máis dun ano traballando na creación dunha marca propia que diferente o potencial do Percebe de Muxía. E aí saíu. A Agrupación de Percebeiros presentaba onte no Parador o resultado, marcado pola campaña xerada a partir deste vídeo e un completo manual de identidade corporativa.
"Ouro Atlántico" é o nome escollido para o Percebe da Barca, marca que empezará a verse nos mercados antes de que remate o ano.