Uxía Bello, fundadora de A Furna, e finalista ao Premio Emprendimiento Rural Femenino: “Pódese vivir da creatividade na túa terra”

Veñen de anunciarse as finalistas ao Premio Emprendimiento Rural Femenino no marco do Congreso da Muller Rural 2026, que se vai velebrar en San Xoán de Río (Ourense) do 20 ao 22 de febreiro. Entre elas atopamos unha muller da Costa da Morte, como é Uxía Bello. A vimiancesa. medio laxense, é unha das promotoras de A Furna (@afurnacoop), unha cooperativa audiovisual da Costa da Morte.

Bello, despois de estudar na Coruña, decidiu emprender na súa comarca, facendo bandeira da creación dende o rural, dende unha visión local e humana.

Xa podes entrar na web do Congreso e votar por Uxía Bello.