As demandas da ANPA do CEIP de Caión, ao Parlamento
O BNG da Laracha anunciou que leva ao Parlamento galego, da man do deputado Oscar Insua, as demandas da ANPA Balea do CEIP de Caión, que veñan de manifestar o seu descontento coa programación da Consellería de Educación respecto das aulas previstas, ademais dos ratios para o vindeiro curso escolar, que superan o establecido.
A portavoz municipal dos nacionalistas, Carolina Castiñeiras, e o concelleiro Xosé Cotelo, reuníronse en Caión este xoves 30 de xullo, xunto a Oscar Insua, co presidente e secretario da asociación de pais e nais, Francisco Rey e Arcadio Mallo, para coñecer de primeira man os problemas do centro educativo.
Os representantes da ANPA Balea sinalaron aos nacionalistas que, tal e como comunicou a Dirección do CEIP de Caión, desde a Consellería de Educación non teñen previsto respectar os ratios de alumnado por aula. Segundo a normativa vixente, os ratios para este novo curso non deben superar as 14 crianzas en 1º-2º e 3º-4º de Primaria, mentres que en 5º-6º o límite é de 18