A Carballeira de San Fins xa é do Concello

O Concello da Laracha, despois de facer o propio cos espazos do Castro de Montes Claros e o menhir de Erboedo, vén de completar o procedemento de expropiación das fincas que albergan a carballeira de San Fins, polo que un dos paraxes naturais mellor conservados do termo municipal xa é titularidade municipal. Unha

O Concello investiu 72.620,81 euros con fondos propios municipais na compra de 21.716 metros cadrados de superficie repartidos en doce parcelas catastrais cualificadas no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) como solo rústico de protección natural polo sistema de espazos libres. 

A carballeira conta con árbores autóctonas –nalgúns casos centenarias- como carballos, castiñeiros e acevos, entre outras especies.

A idea é aproveitar o seu valor a nivel educativo, pero antes tocará acometer traballos na mellora dos accesos á carballeira e na elaboración dun inventario con todas as especies existentes.