O Concello da Laracha presenta o proxecto de Orzamentos
Tras varias inquisicións da oposición, o alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, e o presidente da Comisión Informativa de Asuntos Económicos, Facenda e Especial de Contas, Manuel García Montes, presentaron hoxe o proxecto de Orzamentos Xerais do Concello para o ano 2026 que se prevé elevar ao Pleno nunha sesión extraordinaria que será convocada para o mércores da próxima
semana, día 11 de marzo.
As contas municipais para 2026, equilibradas en gastos e ingresos, ascenden a 11.910.000 euros, o que supón un incremento de 1.030.000 euros respecto ao exercicio anterior, é dicir, un 9,47 % máis. Trátase do orzamento máis alto da historia do Concello da Laracha, consolidando unha senda de crecemento sostido.
O alcalde explicou que a presentación das contas se viu retrasada pola "falta de datos imprescindibles para pechar as previsións, especialmente pola ausencia de Orzamentos Xerais do Estado" e pola pendente "resolución da participación municipal en programas doutras administracións". Unha vez recollida esa información, elaborouse un proxecto de orzamentos “realista, rigoroso e adaptado á realidade da Laracha”.
Desde o punto de vista dos ingresos, o incremento vén motivado principalmente polas maiores previsións derivadas de proxectos industriais xa presentados no municipio e aínda pendentes de liquidar o imposto sobre construcións, instalacións e obras (ICIO); pola citada participación en programas convocados e financiados por outras administracións e polo obrigado aumento da taxa de recollida de residuos sólidos urbanos imposto polo Goberno Central. O resto de tributos e taxas municipais permanecen conxelados, reafirmando o compromiso do executivo local coa moderación fiscal.
No estado de gastos, o rexedor municipal fixo un percorrido explicativo por toda a estrutura orzamentaria. Así, explicou que o Capítulo 1 (Persoal) ascende a 2.790.050 euros (23,43 % do total). Inclúe o incremento do 1,5 % das retribucións que se está aplicando desde o pasado mes de xaneiro e recolle por primeira vez a consignación específica destinada á carreira profesional do funcionariado municipal.
O Capítulo 2 (Bens correntes e servizos), conta 7.233.655,23 euros (60,74 % do orzamento), mantense como o de maior peso ao concentrar todo o gasto corrente necesario para garantir o funcionamento ordinario dos servizos municipais: mantemento de infraestruturas, subministracións, contratos de prestación de servizos, custes enerxéticos, limpezas viarias e de edificios, recollida de residuos e funcionamento do punto limpo, etc.
O Capítulo 4 (transferencias correntes) experimenta un dos maiores incrementos, ata situarse en 727.810 euros (6,11 %), reforzando as axudas de emerxencia social, as subvencións a entidades culturais, educativas e deportivas e as achegas ás Comisións de Festas.
O Capítulo 9 (Pasivos financeiros), destinado á amortización da débeda, cunha consignación de 127.000 euros.
Especial relevancia cobra o Capítulo 6 (Investimentos reais), que supera o millón de euros —1.006.848,77 euros, o 8,45 % do total—. Entre as actuacións previstas inclúense:
INVESTIMENTOS ORZAMENTOS 2026
|
ACTUACIÓN |
IMPORTE EN € |
|
Achega municipal para: - Creación do novo aparcamento do CEIP Otero Pedrayo. |
286.252,77 |
|
Mellora da rede viaria |
151.000 |
|
Posta en valor das Torres de Cillobre |
115.000 |
|
Rehabilitación e equipamento da Casa do Concello e o seu entorno |
115.000 |
|
Mobiliario edificios e instalacións municipais |
98.000 |
|
Rehabilitación da Casa reitoral de Montemaior e |
85.000 |
|
Equipamento e aplicacións informáticas |
40.732 |
|
Plan de parques infantís |
35.000 |
|
Melloras redes abastecemento e saneamento |
28.000 |
|
Adquisición de novo vehículo para a Policía Local |
22.000 |
|
Renovacións paneis turísticos e de protección do medio ambiente |
13.000 |
|
Adquisición contedores recollida selectiva |
10.000 |
|
Melloras en instalacións deportivas |
7.500 |
|
|
|
|
TOTAL |
1.006.484, |