Unha excarcerada tras un accidente na Laracha

Este mediodía, pasadas as 14:30, rexistrouse un accidente na AC-552 a altura da Laracha, no punto quilométrico 20,2.

Foi unha colisión frontal entre 2 vehículos cunha persoa atrapada no interior, polo que ademais da Polícía Local, aGarda Civil, Protección Civil e o 061, tiveron que desprazarse os Bombeiros de Carballo. Mentres os sanitarios da ambulancia estaban atendendo a unha das condutoras, os Bombeiros literaron á condutora do Seat. As 2 condutoras, feridas leves foron trasladadas ao CHUAC.