Un incendio nun taller manda 12 coches ao desguace

Esta tarde de xoves, os Bombeiros de Carballo eran alertados pasadas as 18:30h, por mor dun incendio dentro dun taller, situado no Polígono Industrial de Lendo. O lume saltaba dun dos vehículos que estaba subido nun elevador, queimando por completo tanto o coche coma o elevador.

Os propios traballadores conseguían sufocar o incendio á chegada dos Bombeiros, empregando extintores e unha BIE (boca de incendios equipada). Así e todo, o lume tamén ao vehículo máis próximo, resultando bastante afectado e a un banco de traballo. Ademais, a alta temperatura que provocou o incendio derretiu parte das pranchas tragaluces da cuberta, caendo o plástico derretido sobre 3 vehículos máis. Tras facer balance, os 12 vehículos que había dentro da nave segurarán terán que ir directos para o desguace.

Os Bombeiros refrixeraron os bens afectados polo incendio e comprobaron coa cámara térmica o estado dos mesmos.