A Laracha busca colaboradores para Copa de España de Ciclismo Paraolímpico

Imaxe da entrega de premios da proba de ciclismo adaptado da Laracha do ano pasado
A Laracha acollerá o vindeiro 8 e 9 de xuño unha nova edición Copa de España de Ciclismo Paraolímpico. Unha cita que contará con deportistas con diversidade funcional de todo o estado, como a vivida o ano pasado. A organización do Club Ciclista Riaz, ademais de contar coa colaboración do Concello, busca negocios interesados en apoiar este evento inclusivo e emocionante.

Están abertos a todo tipo de colaboracións e abren canle de comunicación en ccriazor@welivesport.com ou no 689 983 985.

Por exemplo, en principio o Restaurante O Imperio, situado no polígono de Tella, participa organizando unha cea Baile o día 13 de abril apartires das 22h. O menú son 35€ coa actuacion de Rocío Pérez, e boa parte da recadación irá para sufragar os gasots da proba.