Venres. 03.05.2024
El tiempo

A Laracha busca colaboradores para Copa de España de Ciclismo Paraolímpico

Imaxe da gran Proba ciclismo adaptado da laracha 2023
Imaxe da entrega de premios da proba de ciclismo adaptado da Laracha do ano pasado
A Laracha busca colaboradores para Copa de España de Ciclismo Paraolímpico
A Laracha acollerá o vindeiro 8 e 9 de xuño unha nova edición Copa de España de Ciclismo Paraolímpico. Unha cita que contará con deportistas con diversidade funcional de todo o estado, como a vivida o ano pasado. A organización do Club Ciclista Riaz, ademais de contar coa colaboración do Concello, busca negocios interesados en apoiar este evento inclusivo e emocionante.

Están abertos a todo tipo de colaboracións e abren canle de comunicación en [email protected] ou no 689 983 985.

Por exemplo, en principio o Restaurante O Imperio, situado no polígono de Tella, participa organizando unha cea Baile o día 13 de abril apartires das 22h. O menú son 35€ coa actuacion de Rocío Pérez, e boa parte da recadación irá para sufragar os gasots da proba.

Comentarios