A Laracha escolle os seus mellores marcapáxinas

Marcapaxinas da larachesa Sofia Queijo Rey

Xa hai gañadoras do concurso de marcapáxinas organizado polo Concello no marco do programa de actividades en torno ao Día das Letras Galegas e no que se convidara a participar ao alumnado de educación primaria.

O 1º premio da categoría infantil foi para Sofía Queijo Rey por “Soñar esperta, cos ollos abertos”.
O 2º para Vera Castro Cacharrón por “Un conto”.

O 1º premio da seguinte categoría foi para Uxía Rodríguez Cotelo por “Eu elixo ler”; e o 2º premio: Noa Cabezas Martínez por “Os extraterrestres tamén len.

Marcapaxinas de Uxia Rodríguez, de Noe Cabezas e de Vera Castro

As catro galardoadas recibirán como agasallo lotes de libros e material didáctico adaptado ás súas idades. E entrega dos premios será o venres da semana que vén (27 de maio) ás 19:00 horas na biblioteca municipal da Laracha. Ademais, os traballos que obtiveron o primeiro premio de cada categoría serán editados polo Concello e distribuídos como os marcapáxinas oficiais da Rede de Bibliotecas Municipais.

Concilia

O Concello abriu este pasado mércores a inscrición para o servizo de apoio á conciliación da vida persoal, laboral e familiar que se prestarán a través do “Programa Harmoniza: Conciliando na Laracha” durante o verán, desde o remate do actual curso escolar e ata o comezo do próximo no mes de setembro.

O servizo estará en funcionamento de luns a venres en horario de 8:00 a 14:00 horas nas instalacións do CEIP Otero Pedrayo e vai dirixido a todas as crianzas de entre 3 e 12 anos de idade que estean empadroadas no termo municipal da Laracha.

As prazas son limitadas e a preinscrición debe formalizarse ata o día 15 de xuño.