A Laracha súmase a Carballo, Coristanco e Ponteceso, e estrea o distintivo Vilas en Flor

Enrique Sáez, Presidente da Fundación Juana de Vega, co alcalde larachés José Manuel López Varela

Carballo, Coristanco e Ponteceso eran ata onte os únicos Concellos costeiros co distintivo Vilas en Flor. Hoxe A Laracha únese á iniciativa é impulsada pola Fundación Juana de Vega. A entidade pretende con este proxecto, e en colaboración coa Asociación de Viveristas do Noroeste e a Asociación Galega de Empresas de Xardinería, mellorar a saúde urbanística das vilas.

O Concello da Laracha obtivo por primeira vez o recoñecemento de dúas Flores de Honra polo traballo desenvolvido desde o Concello en diferentes áreas relacionadas coa xestión medioambiental, como son a mellora do espazo verde urbano, a xestión de residuos (destacando á Laracha como pioneiro en Galicia na posta en marcha da quinta fracción de orgánicos), os paseos fluviais, a recuperación dos entornos dos ríos, a xestión do ciclo da auga, o acondicionamento de parques e xardíns e as iniciativas para poñer en valor espazos de alto valor ambiental
como a carballeira de San Fins.