A Laracha forma a profesionais para coidar o comedor escolar dende unha perspectiva socioeducativa
Por fin alguén toma o comedor escolares como parte do proceso educativo. Pois ademais da cociñeira do CEIP Os Miúdos Sandra Varela, que expande o seu saber na Red Chef 2023 por todo estado, poucos reparan na importancia dos comedores escolares.
Desta volta é o Concello da Laracha o que, no marco do seu Programa Integrado de Emprego, lanza unha acción formativa moi especial: "O comedor escolar dende unha perspectiva socioeducativa". O curso, que capacitará a 20 persoas, ten por obxectivo identificar e adquirir os coñecementos pedagóxicos, organizativos e técnicos necesarios para levar a cabo a tarefa específica do comedor escolar.
Así mesmo, a finais deste mes darán comezo outras accións formativas incluídas dentro do Programa Integrado de Emprego. Entre elas atópase o curso de Actuacións en primeiros auxilios, unha formación que presenta unha capacitación de utilidade para o público en xeral ao proporcionar coñecementos básicos para a actuación ante situacións de emerxencia.
Outros cursos
Do mesmo xeito, iniciarase o curso de Xestión loxística, unha acción formativa dirixida a mellorar as competencias profesionais no ámbito da organización, almacenaxe e distribución de produtos, facilitando a inserción laboral en sectores cunha elevada demanda de persoal na contorna.
Se algunha empresa está interesada, pode poñerse en contacto co Prograna Integrado de Emprego da Laracha pode facelo vía telefónica nos 981309891, 981612811 ou 621007079, ou por correo electrónico en programaintegradoemprego@alaracha.gal.