Sandra Varela exporta por España a calidade alimentaria do comedor escolar do CEIP Os Muíños
Cando dicimos que son vangarda en gastronomía, non só o dicimos por termos o Mellor Almorzo Boutique de España ou por ter levado polas feiras os nosos produtos máis senlleiros. Dicímolo porque tamén temos uns Comedores Escolares que son vangarda.
Certo que levamos anos intentando sacar adiante o proxecto “Comedores Responsables KM 0”, unha iniciativa coordinada polo GDR que trata de conectar produtores locais cos comedores escolares. E certo que non dá arrincado pola falta de compromiso de certos elementos necesarios.
E iso que na comarca temos profesionais que están á vangarda da gastronomía ecolóxica. Sandra Varela, membro da rede Red Chef 2030, leva décadas convertindo o comedor escolar do CEIP Os Muíños nun verdadeiro tesouro. Apostando polos produtos locais é un dos poucos Comedores Escolares de km.0 de toda Galicia.
Varela levou toda esa experiencia ás Xornadas de Restauracón Colectiva e Canales Cortos de Jarandilla de La Vega en Cáceres, á que foi invitada como poñente para debullar o seu exemplo de comedor sostible, economía circular e boas prácticas na cadea alimentaria.
A pontecesá ademais repasou as esixencias do novo Real Decreto 315, que a partir do 15 de abril terán que cumprir todos os comedores. Unha normativa vinculada precisamente coa sostibilidade, a calidade e o produto de temporada e de proximidade que xa cumplen a “raja tabla” no comedor escolar muxián, pero que vai ser un desafío para moitos outros centros. Precisamente moitos colexios están buscando asesoramento para cumplir esa normativa.

Varela, ademais de participar en varios talleres, tamén fixo unha acción directa. Man a man co alumnado deo FP de Cociña do IES de Jarandilla, realizaron un menú típico dos que se come nos Muíños con crema de brécol e cabaza con aceite de millón; lasaña de lentellas con salsa de temporada; e ensalada de temporada, todos con produtos da comarca. Había xentes de toda España,… agricultores, produtores, cociñeiros… “E a verdade todos quedaron encantados, o que sempre supón un chute de enerxía”, recoñece a cociñeira.

Máis novas
comedores escolares O restaurante Balarés triunfa en Balarés co Premio ao Mellor Almorzo Boutique






