COVID: A Laracha pecha os parques infantís
Con 125 casos de infección activa (un menos que onte) e 127 casos diagnosticados nos últimos catorce días (sete máis que onte), a situación na Laracha é grave. De aí, que a Comisión de seguimento ante a Covid-19 celebrada onte decidise tomar medidas como o peche de parques infantís, ademais das instalacións deportivas e os circuitos biosaudables.
A Policía Local precintará todas esas infraestruturas públicas para advertir da prohibición do seu uso., coincidindo co comezo da aplicación das novas restricións en toda Galicia.
Entre elas, o peche de todas as instalacións deportivas: os pavillóns (salvo durante o horario de uso dos centros de ensino), o complexo deportivo da piscina municipal da Laracha, o campo de fútbol Municipal da Laracha e as pistas de pádel. A única excepción é o campo de fútbol A Porta Santa, xa que se permitirá o desenvolvemento dos adestramentos e a disputa dos partidos do primeiro equipo da U.D. Paiosaco que compite en categoría nacional (3ª División).
Tamén se acordou o peche das tres bibliotecas e a suspensión temporal do servizo de aula lúdica municipal e do programa de reforzo educativo “Un paso adiante” que se leva a cabo no marco do programa “Educa en positivo”.
Sobre a feira de Paiosaco (a próxima será o 7 de febreiro), o Concello continuará permitindo a súa celebración coa limitación de que os postos ocupen a metade do seu espazo habitual.
DATOS DE 26-01-2021
A comarca de Bergantiños segue disparándose con 40 casos máis ca onte, o que provoca que, por primeira vez, a Costa da Morte supere o millar de novos casos nos últimso 14 días. A taxa de incidencia media da comarca bergantiñá sitúase nos 990 casos por cada 100.000 habitantes, sendo os Concellos da Laracha e Carballo os que superan o millar. En toda a Costa da Morte a taxa de incidencia ronda os 700 novos casos por cada 100.000 habitantes, lonxe, moi lonxe da cifra que estupula la OMS para ter controlada a pandemia (arredor dos 100).
Centros de ensino
Hoxe son xa 48 os centros afectados, se ben houbo algún, como a Escoliña de Cee, que se comunicou con QPC para sinalar que xa volveran á normalidade a pesar de que o listado que a Xunta publica na plataforma de seguemento do COVID aínda sinalaba que tiñan casos activos.
| Concello | Centro | Total Positivos | Aulas Pechadas |
| CABANA | CPI As Revoltas | 2 | 0 |
| CAMARIÑAS | CEIP Ponte do Porto | 2 | 0 |
| CAMARIÑAS | IES Plurilingüe Pedra da Aguia | 3 | 0 |
| CAMARIÑAS | CEIP O Areal | 5 | 0 |
| CARBALLO | E.I As Landras | 1 | 1 |
| CARBALLO | CEEPR Aspaber | 1 | 0 |
| CARBALLO | CEIP Gándara-Sofán | 1 | 0 |
| CARBALLO | IES Alfredo Brañas | 11 | 0 |
| CARBALLO | CPR Artai | 7 | 0 |
| CARBALLO | CEIP Bergantiños | 6 | 0 |
| CARBALLO | CEIP Fogar | 7 | 0 |
| CARBALLO | IES Monte Neme | 7 | 0 |
| CARBALLO | CEIP Netoma-Razo | 1 | 0 |
| CARBALLO | IES Parga Pondal | 3 | 0 |
| CEE | CEIP Plurilingüe Eugenio López | 2 | 1 |
| CEE | CPR Plurilingüe Manuela Rial Mouzo | 1 | 0 |
| CEE | IES Fernando Blanco | 2 | 0 |
| CEE | IES Agra Raices | 3 | 0 |
| CORCUBIÓN | CEIP Praia de Quenxe | 2 | 0 |
| CORISTANCO | CEIP de Bormoio-Agualada | 2 | 0 |
| CORISTANCO | EFAG Fonteboa | 3 | 0 |
| CORISTANCO | CEIP Canosa-Rus | 4 | 0 |
| CORISTANCO | CPI Alcalde Xosé Pichel | 5 | 0 |
| CORISTANCO | CRA de Coristanco - Santa Comba | 1 | 1 |
| CORISTANCO | CEIP de Bormoio-Agualada | 1 | 0 |
| DUMBRÍA | CEIPP Santa Eulalia de Dumbría | 2 | 0 |
| FISTERRA | CPR Ntra.Sra. del Carmen | 3 | 0 |
| LAXE | CPI Plurilingüe Cabo da Area | 6 | 1 |
| LAXE | EEI de Traba | 1 | 0 |
| LARACHA | CEIP Alfredo Brañas | 1 | 0 |
| LARACHA | E.I. A Laracha | 1 | 0 |
| LARACHA | CEIP Ramón Otero Pedrayo | 12 | 1 |
| LARACHA | ES Agra de Leborís | 2 | 0 |
| MALPICA | CEIP Joaquín Rodríguez Otero | 2 | 0 |
| MALPICA | CEIP Milladoiro | 5 | 0 |
| MALPICA | IES Urbano Lugrís | 2 | 0 |
| MAZARICOS | CPI Plurilingüe da Picota | 2 | 0 |
| MUROS | CEIP Ramón de Artaza y Malvárez | 2 | 0 |
| MUXÍA | CEIP Virxe da Barca | 1 | 0 |
| MUXÍA | IES Ramón Caamaño | 1 | 0 |
| PONTECESO | CRA NOsa Señora do Faro | 2 | 1 |
| PONTECESO | IES Eduardo Pondal | 1 | 0 |
| SANTA COMBA | IES Terra de Xallas | 2 | 0 |
| VIMIANZO | CEIP Plurilingüe San Vicenzo | 3 | 0 |
| VIMIANZO | EEI de Carnés | 1 | 1 |
| VIMIANZO | IES Terra de Soneira | 5 | 0 |
| VIMIANZO | CEIP Baíñas | 1 | 0 |
| ZAS | E.I: Zas | 1 | 1 |
| ZAS | CEIP Labarta Pose | 1 | 0 |
| TOTAL | 48 | 143 | 8 |