Laracha prántase contra a planta de Biogás

Na semana na que sae a exposición pública o proxecto, e na que se pode comezar a presentar alegacións, a veciñanza da Laracha demostrou con feitos que está en contra da planta de Biogás que se presente instalar no lugar de Vista Alegre. 

Este luns, a veciñanza na parroquia de Soandres uníase para amosar o seu rontundo rexeitamento,. Os asistentes amosaron as súas inquedanzas e preocupacións polo proxecto, xa rexeitado en pleno por unanimidade dos tres partidos

Na reunión, á que tamén acudiron membros da asociación ecoloxista ADEGA, informouse sobre os trámites que están en proceso para a instalación da planta e os efectos medioambientais negativos para a contorna da zona. A fábrica de biogás sería implantada á carón do río Anllóns e preto do lugar onde existen vivendas de veciños e veciñas de Soandres.

Estiveron presentes membros do BNG, como a voceira local Carolina Castiñeiras, ou os deputados no Parlamento galego, Oscar Insua e Xosé Manuel Golpe,

 

 

Máis novas