mércores. 13.05.2026
El tiempo

Laracha prántase contra a planta de Biogás

Laracha contra a planta de Biogas
Laracha prántase contra a planta de Biogás

Na semana na que sae a exposición pública o proxecto, e na que se pode comezar a presentar alegacións, a veciñanza da Laracha demostrou con feitos que está en contra da planta de Biogás que se presente instalar no lugar de Vista Alegre. 

Este luns, a veciñanza na parroquia de Soandres uníase para amosar o seu rontundo rexeitamento,. Os asistentes amosaron as súas inquedanzas e preocupacións polo proxecto, xa rexeitado en pleno por unanimidade dos tres partidos

Na reunión, á que tamén acudiron membros da asociación ecoloxista ADEGA, informouse sobre os trámites que están en proceso para a instalación da planta e os efectos medioambientais negativos para a contorna da zona. A fábrica de biogás sería implantada á carón do río Anllóns e preto do lugar onde existen vivendas de veciños e veciñas de Soandres.

Estiveron presentes membros do BNG, como a voceira local Carolina Castiñeiras, ou os deputados no Parlamento galego, Oscar Insua e Xosé Manuel Golpe.

Reunión veciñal municipal

O Concello vén de convocar a toda a veciñanza a unha reunión informativa con motivo do inicio do período de exposición pública da planta de biogás proxectada na parroquia de Soandres. O encontro celebrarase o mércores 22 de abril, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura da Laracha, con acceso libre para todas as persoas interesadas.

Durante a reunión, técnicos municipais ofrecerán información sobre o proxecto, as súas posibles implicacións e o posicionamento en contra por parte da Corporación municipal, expresado por unanimidade no último Pleno ordinario.

Reunion Planta Biogas Laracha

Máis novas

Comentarios