Noitaza das Cereixas de Xabier Díaz en Paiosaco
05 de xullo de 2021 (17:38 h.)
Viviu Paiosaco un domingo singular coa celebración da Feira das Cereixas, unha das 12 Festas de Interese Turístico de Galicia da Costa da Morte. A festa gastronómica de maior relevancia e tradición do Concello da Laracha enche cada comezos de xullo de cereixas a vila de Paisaco.
"As orixes desta singular celebración, a máis importante das festas gastronómicas que se realizan en Paiosaco atopámolas en décadas pasadas, cando a produción das cereixas tiña unha grande importancia especialmente na zona do val do Anllóns.
Hoxe en día, a pesar de que a comercialización do cobizado froito vermello perdeu importancia e a produción en Paiosaco é para autoconsumo, mantense o costume de celebrar a xa tradicional Feira das Cereixas", conta Eduardo García Santiago.
Foto de Eduardo García Santiago
Este ano as restricións provocaron que a mañá quedase en feria normaliña, con moita cereixa chegada de toda a península, aderezada polo pasarúas das charangas.
Ademais houbo un gran ambiente tradicional no Aberto das Cereixas da Liga Atlántica de Billarda.
Pero pola noite a cousa tornouse máis máxica, co concerto de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre. O recinto do CEIP Alfredo Brañas acolleu esta fantástica “noitaza”, como o propio artista recoñecía na rede: