O novo Ministro de Sanidade pechou o seu ciclo como Delegado do Goberno en Galicia na Laracha

Miñones, terceiro pola esquerda, coa comitiva do PSOE da Laracha

Sorprendía esta mañá de luns Pedro Sánchez anunciando os novos nomeamentos do seu gabinete. O novo Ministro de Sanidade será José Miñones, ata onte Delegado do Goberno en Galicia.

Precisamente, Miñones achegábase esta fin de semana, nun dos seus últimos actos como Delegado, á Caión, Laracha, para manter unha reunión co PSOE local. A voceira e candidata socialista, Palomi Rodríguez, tratou con José Miñones asuntos como os plans para achegar internet ao 100% das casas, os programas de axudas para mercar ou alugar unha vivenda no municipio ou o programa de carteiros no rural.