Piden a Xunta que aumente o número de prazas do Centro de Día e Fogar Residencial da Laracha

Centro de Dia da Laracha
Avanzan as obras de urbanización da prologacion da Avenida Manuel Fraga

Hai un par de meses o Concello da Laracha presentaba o proxecto de ampliación do Centro de Día e Fogar Residencial. Dende o grupo socialista valoran moi positivamente o investimento, pero consideran que unha reforma de máis de 1,5 millóns de euros suporía un aumento de prazas. O parlamentario socialista Martín Seco recordu no Parlamento que as prazas xa están cubertas polo que piden un aumento.

Prolongación da Avda. Manuel Fraga

Mentres, a execución do proxecto de urbanización da Avenida Manuel Fraga ata a rúa Maruja Mallo, pola parte posterior do IES Agra de Leborís, avanza a bo ritmo. A obra, desenvolta por Construcciones Ponciano Nieto S.L. por valor 245.000 euros e forma parte do Plan especial de equipamentos educativos do Instituto, creando unha circunvalación que conectará directamente a estrada A Laracha-A Silva (DP-2404) coa estrada A Laracha-Soandres (DP-1913) pola Avenida Doutor López Astray, mellorándose sensiblemente as comunicacións rodadas ao evitar que os vehículos deban acceder polo centro do casco urbano da Laracha.

Licitacións

Unha vez finalizado o prazo de presentación de ofertas na licitación do servizo de roza e desbroce de cunetas de estradas e parcelas de titularidade municipal, son nove as empresas que optan a resultar adxudicatarias dalgún dos cinco lotes no que foi dividido o contrato co propósito de axilizar a execución das actuacións.

Novas relacionadas