10.000 euros para os traballos de conservación do Castro de Borneiro

Recibía onte unha viista institucional o Castro A CIbdá de Borneiro, que serviu para anunciar as obras de conservación e posta en valor do castro, declarado Ben de Interese Cultural no ano 2011. Uns traballos nos que a Xunta investirá case 10.000 euros, e que servirán para “actuar sobre as estruturas exhumadas co fin de mellorar o seu estado de conservación e contemplación”.
En concreto, a intervención consistirá en “limpar, consolidar e repoñer as coroacións dos muros que o necesiten, reparar as perdas de materiais e os puntos que presenten problemas estruturais de estabilidade e acondicionar a zona de paso da plataforma de madeira”.

Ademais, actualizarán a documentación do castro mediante levantamento topográfico, fotografía aérea e ortografía xoerreferenciada. Os traballos complétanse cunha visita guiada e comentada ao xacemento que se fará unha vez rematada a actuación para dar conta dos resultados.

Novas relacionadas