Recunchos da Costa: Castro Borneiro

Un dos grandes clásicos do patrimonio arqueolóxico da Costa da Morte está situado en Cabana de Bergantiños, moi preto do Dolmen de Dombate, a catedral do Megalitismo galego. O Castro Borneiro é un deses espazos imprescindibles, que nos levan de viaxe pola historia de Galicia, remontándonos máis de 2.500 anos.
Segundo os historiadores falamos de que estivo habitado dende o século VI a.C. ata o século I a.C., sen atoparen visos de ter sido romanizado.
Descuberto en 1924 por Isidro Parga Pondal, foi catalogado como Ben de Interese Cultural en 2011, pero lamentablemente dende esa poucas accións se teñen desenvolto para a súa posta en valor.
A visita é verdadeiramente espectacular. Arrincamos cunha subida, ao cumio, onde se sempre se asentaron os castrexos (de feito, se as árbores estiveran baixas poderíamos ver a ría de Corme-Laxe), atravesando as murallas estruturais,e visitando a zona que parecía ser de “sauna”.
Unha vez arriba sumerxímonos na vila, chea de casa redondeadas, puidendo subir (non aos muros, por favor) aos montículos que acollen as murallas, para ver as formas.
Durante as excavacións, realizadas entre os 70 e os 80, atopáronse restos de cerámica indíxena, útiles de bronce e ferro, muíños de pedra, fusaiolas, fíbulas… que hoxe están no Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón da Coruña.
Dende aquí comezaremos a Ruta Rego dos Muíños a semana que vén, pero antes non perdades a vista de Galicia360.
A sauna
Como chegar
Dende a estrada que vai de Baio a Cabana (AC-430) atoparás a esplanada que dá entrada ao Castro á man dereita, pouco despois de pasar o desvío ao Dolmen de Dombate.
OS RECUNCHOS DA COSTA
- A Férveda de San Paio ou Entrecruces.
- A Férveda de Rus.
- As fervenzas de Pedrafigueira.
- A Fervenza de Budián.
- A Fervenza de Parga.
- A Fervenza do Rabiñoso.
- Os Penedos de Traba e Pasarela.
- A Fervenza de Vioxo-Chacín.
- A Fervenza de Santa Locaia.
- A praia de Seaia.
- A praia da Barda.
- Os Muíños da Ribeira.
- A área fluvial de Verdes.
- O Pozo da Orca.
- Praia fluvial de Carreira.
- As casetas da Feira na A Ponte Olveira.
- Pico de Meda.
- O Pozo Encantado de Salgueiros.
- O Fuso da Moura
- Pedrafita do Marco da Anta ou Menhir de Erboedo.
- A Ponte do Peón de San Crimezo do Ézaro.
- Cabo Roncudo.
- A ponte da Pontenova.
- A Furna do Osmo.
- Mirador de Louredo.
- A área recreativa de Gabenlle.
- O Cabo, e Faro, Vilán.
- As praias de Reira e o foxo do lobo.
- O Cemiterio dos Ingleses.
- As praias do Trece e a Duna Monte Branco.
- O hórreo de Carnota.
- O hórreo de Lira.
- A Fervenza de Noveira.
- O Casco Vello de Corcubión.
- Os petroglifos de Boallo.