Distintas organizacions ofrecen roteiros durante a vindeira fin de semana
Os amantes do senderismo están de noraboa. Cada vez son máis as entidades que organizan rutas de sendeirismo que alimentan a alma do camiñante e que poñen en valor a riqueza paisaxística e cultural da Costa da Morte. Son varias as entidades as que ofrecen unha variada oferta de roteiros para todos os públicos durante a próxima fin de semana.
Roteiro Meigha Lirea, en Cee
Este sábado, 30 de abril, desenvolverase unha ruta por Cee incluida dentro do programa "Andainas Coñece a Costa da Morte 2016". O roteiro Meigha Lirea consta dun percorrido de 10,85 quilómetros que está previsto completar en algo máis de tres horas - coa parada de avituallamento incluída -. O punto de saída (ás 10 horas) e de chegada será na Ponte Vella situado fronte á igrexa de Santo Estevo de Lires.
O prazo de inscrición nesta andaina remataás 13:30 horas de hoxe e poderase realizar na oficina do Servizo de Deportes - 2º andar concello de Cee -, no teléfono 981745100 - ext. nº 3 -ou ben no correo electrónico deportes@concellocee.es. Os interesados poden descagar o trakc desta ruta circular aquí.
Camiño dos Faros Inclusivo, en Camelle
Despois da experiencia da primeira etapa do Camiño dos Faros Inclusivo, este sábado celebraráse en Camelle unha nova edición deste roteiro xunto coa pre-etapa. Este proxecto inclusivo está organizado pola Ferederación de ANPAS da Costa da Morte e no que participan membros da asociación Íntegro, Un Paso Máis, Aspronaga e Aloumiños.
Neste roteiro, os participantes terán a oportunidade de coñecer en profundidade a historia de Camelle e os seus naufraxios. A cita comeza ás 17 horas no mirador de Lobeiras, en Arou para desprazarse ata a praia. Dende alí partiráse cara o museo de Man onde haberá unha charla histórica sobre a vila. Despois de repoñer forzas, as Traskiband ofrecerá un concerto que comeza ás 22 horas.
4ª Etapa Camiño dos Faros. De Laxe a Arou
Este domingo, 1 de maio, os tran@os percorreran o camiño ao carón do mar que discorre entre Laxe e Arou. A ruta, de 17,7 quilómetros de lonxitude, comenza en Laxe coa visita ao porto e á igrexa de Santa María da Atalaya. Dende alí, os participantes dirixiranse ao faro pola ruta da Ínsua. Xa moi próximo ao faro, os trasn@s atoparanse coa furna da Espuma e coa praia dos Cristais. Dende alí partiran ata o Peñón de Soesto. Os camiñantes farán aquí unha parada antes de percorrer a punta de Catasol e a praia de Arnado que os conducirá á praia e á lagoa de Traba.
Dende alí comeza un camiño formado, na súa meirande parte, por coídos de diferentes tamaños que forman unha paisaxe única ata chegar a Sabadelle, un antigo porto de baleas que pertence ao concello de Vimianzo. Este será o lugar que os dirixa ata Camelle.
Ruta das Mámoas, en Cabana de Bergantiños
Dentro do programa Primavera en Marcha de Senda Nova, este domingo día 1 de maio, terá lugar a ruta das Mámoas que discorre polo concello de Cabana de Bergantiños.
O roteiro, de 16 quilómetros aproximadamente, é de dificultade media-baixa. Os interesados en participar ainda poden anotarse no 696.155.232 ou no enderezo electrónico sendanova@hotmail.com
Novas relacionadas