A Escola Unitaria de Torrelaxóns visita Íntegro

Alumnado da escola unitaria de Torrelaxons cos usuarios de Integro

Un luxo ver como funcionan as pequenas e familiares escolas unitarias da comarca. O alumnado dunha delas, a de Torrelaxóns, en Laxe, viviu ademais o pasado venres unha interesantísima xornada de sensibilización coa visita da diversa familia de Íntegro.

Durante a visita ao centro de nantón, os/as cativos compartiron experiencias cos usuarios da entidade, e tiveron a oportunidade de elaborar xabóns de glicerina e pulseiras de macramé. Dúas actividades que espertaron a curiosidade da rapazada. Na sala de ximnasia puxeron a proba a súa habilidade e destreza con diversos xogos de habilidade.

Ao remate, os/as estudantes fixeron gala da súa creatividade e imaxinación para realizar un mural no que plasmaron as súas impresións sobre a xornada vivida no centro e no que, a bo seguro, non faltaron as palabras diversión e aprendizaxe.

Alumnado da escola unitaria de Torrelaxons cos usuarios de Integro facendo manualidades
Alumnado da escola unitaria de Torrelaxons cos usuarios de Integro

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-xunta-reconece-o-labor-de-integro-e-apoia-o-proxecto-avanza-inclusion/