A gozar da Noites das Estrelas de Cabana con Jorge Mira

O éxito que cada ano volleita a simbólica Noite das Estrelas, convirte esta cita nocturna nunha das máis esperadas do verán en Cabana de Bergantiños. ste vindeiro 9 de agosto, a Noite das Estrelas volverá ser guiada por Jorge Mira e será algo máis fácil que a do ano pasado, sempre pensando en ibter boas vistas das estrelas. Ademais, parece que o tempo vai estar da nosa man e o ceo vai estar despexado.

Esta ruta de senderismo circular ten un percorrido de 7 km e conta cunha primeira subida con máis dificultade polo que non se aconsella para nenos menores de 6 anos.

A observación das estrelas farase desde o Mirador da Fernandiña cun guía de excepción, o físico baiés Jorge Mira, que facilitará a tarefa de coñecer a xeografía celeste.
A saída será ás 10 da noite do aparcamiento do Castro A Cidá de Borneiro cunha duración aproximada de 3 horas. Para participar só recoméndase vestir roupa cómoda e levar unha linterna.

XXXI Marcha Nocturna de Ponteceso

E seguindo en clave de noite, este xoves 8 de agosto, a cita será en Ponteceso coa XXXI Marcha Nocturna. A saída será ás 22:00 h. da noite da Praza do Relleno, para rematar arredor da media noite, tras percorrer os 6 km de sendeiros polo Campo da Feira e Tella.

Xa se poden inscribir no Concello de Ponteceso (981 714 000), no Centro Cultural /Oficina de Turismo (981 715 442) ou enviando un correo a turismoponteceso@ponteceso.net.

Novas relacionadas

Fonte