Abren a licitación de varias obras en estradas de Bergantiños

Aberto quedou o prazo de licitación para as obras de varias estradas autonómicas dos Concellos de Carballo, Malpica, Ponteceso, Cabana, Laxe ou Coristanco. Así o anunciaba onte a Xunta, que inviste 750.000€ nas obras, tendo as empresas ata o 18 de decembro para presentárense, para presentar os seus proxectos. As obras teñen un prazo de execución de 4 meses.

AC-413 en Carballo

Na estrada AC-413, ao seu paso polo Concello de Carballo, entre o Pq. 21+500 e o 23+285, levaranse a cabo fresados e reposicións puntuais e selado de gretas. No mesmo municipio, actuarase na estrada AC-414, a través de fresados puntuais e a extensión de nova rodadura na glorieta do enlace coa AG-55.

AC-419 e AC-421 en Ponteceso

Na AC-419, nos Concellos de Malpica e Ponteceso, nos subtramos comprendidos entre o Pq. 0 e 0+750, 9+980 e 10+260 (á altura de Tella), 11+240 e 11+310 (tramo final da travesía de Ponteceso), tamén se mellorará a capa de rodadura. Outra vía obxecto do contrato é a AC-421, entre o Pq. 0+170 e o 0+880 (entre a AC-552 e o enlace coa AG-55), e en toda a sección entre o 5+900 e o 7+700 (Castrobo e Cereo) e dende o 8+230 ao 13+300 (Condomiña a Xornes).

AC-422 en Malpica

Na estrada AC-422, no Concello de Malpica, entre o 1+450 e o 1+550, tamén se reparará o firme, así como na AC-423, ao seu paso polos Concellos de Cabana, Coristanco e Ponteceso.

AC-434 en Laxe

Na AC-434, no tramo entre o Pq. 0 e o 1+000, no Concello de Laxe, melloraranse os elementos de drenaxe existentes; e na AC-552, executaranse fresados e reposicións puntuais ou extensión de microaglomerado entre os puntos quilométricos 34+600 e 34+900 e 50+100 a 55+000, nos Concellos de Cabana, Coristanco e Zas.  

Avanza a Senda de Bértoa

Visita ás obras da senda de Bértoa a Carballo

Continúan en marcha as obras de construción da senda peonil e ciclista que unirá o polígono de Bértoa co casco urbano e Carballo. Unha obra que conta con case 1 millón de euros de investimento (a Xunta asume o 70%).

Trátase dun proxecto que pretende a construción dun itinerario que permita a circulación de peóns e ciclistas non deportivos pola marxe dereita da estrada AC-552, entre os quilómetros 29,4 e 30,4, completando un itinerario continuo entre o Polígono Industrial de Bértoa, onde xa existe unha senda, e as beirarrúas do núcleo de Carballo.
A senda discorre integramente no concello de Carballo pola estrada AC-552.

A obra está incluída na primeira fase do Plan de Sendas de Galicia, e tamén contempla a renovación dos servizos de saneamento e pluviais, o soterramento dos servizos de electricidade, telefonía, unha zona axardinada e a habilitación de aparcadoiros onde haxa espazos para crealos. A Xunta encárgase de toda a actuación en superficie e tamén das redes de augas, mentres que o Concello executa o soterramento do tendido eléctrico e telefónico e a renovación das canalizacións de gas.

A senda discorrerá pola marxe dereita da vía e terá nove metros de ancho, que permitirán habilitar o itinerario peonil, o carril bici, unha franxa axardinada e, nas zonas nas que haxa espazo, mesmo aparcadoiros. Está previsto que a senda quede rematada antes de fin de ano.

Novas sendas

Na súa visita, o delegado da Xunta Ovidio Romero asegurou que o Plan de Sendas de Galicia prevé a construción de sete novas sendas, máis de 10 quilómetros de actuacións e un investimento de máis de catro millóns de euros para a comarca de Bergantiños.

Fonte

  • Xunta.