As axudas para a mellora de estradas da Xunta crea discrepancias

Malpica, Ponteceso, Cabana de Bergantiños, Zas, Vimianzo, Fisterra e Dumbría recibirán axudas da Xunta para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais. Un investimento de máis de 232.000 euros e beneficiará a nove concellos.

Entre eles non se atopa do de Carballo, a pesar de que a Xunta leva dicindo que a reforma da travesía de Bértoa é un proxecto necesario. Por iso, o BNG local vén de lembralle á Xunta que non entende por que non acomete esta reforma dun vial de titularidade autonómica tan importante como este. O Concello ofreceuse a achegar o 30 % do investimento preciso pero necesita o apoio dunha institución que tamén se comprometeu acometer por tramos o arranxo de toda a travesía da AC-552, pero só se levaron a cabo as dúas primeiras fases e quedaron pendentes as avenidas de Bértoa e Fisterra.

As estradas a mellorar

O Concello de Malpica de Bergantiños optou a esta convocatoria cun proxecto de mellora da accesibilidade no polideportivo, cun custe de 16.527,65 euros e que contará cunha achega por parte da Xunta de 13.222,12 euros.

O Concello de Ponteceso, pola súa banda, recibirá unha axuda de 19.130,19 euros para a mellora da eficiencia enerxética na instalación de alumado exterior no paseo fluvial e no lugar de Langueirón.

No caso de Cabana de Bergantiños destinaranse 31.345,62 euros á rehabilitación da casa do concello e a casa da cultura.

En Zas, cunha axuda de 23.579,22 euros, repararase o centro sociocultural e instalarase un sistema de climatización no auditorio de Baio.

No caso de Vimianzo a achega de 33.057,85 euros irá destinada a obras de mantemento de mellora de estradas de titularidade municipal nas parroquias de Vimianzo, Baíñas e Cambeda.

Tamén en Fisterra, segundo o proxecto presentado polo Concello, a axuda da Xunta, dun total de 26.446,28 euros, utilizarase para a ampliación e mellora de camiños municipais en Calcoba, A Insua e San Martiño de Abaixo.

Completa a lista de concellos beneficiarios desta orde de axudas Dumbría, que recibirá 36.375,35 euros para a pavimentación da vía pública de Sábade ao cemiterio (Berdeogas).

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).