As Entidades únense en Cee nunha xornada pola Inclusión

Este venres, a partir das 10:00h da mañá, a Casa da Cultura de Cee será invadida por seres marabillosos. Membros de APEM, Aloumiños, Aspadex, Íntegro, FADEMGA, a Federación de Autismo de Galicia e COGAMI, únense na 2ª Xornada pola Inclusión Social e Educativa.

Abrirá as xornadas Moisé Lamigueiro, de Fademga, que falará sobre “A convención da ONU sobre os dereitos das persoas con discapacidade”, coa axuda do usuario Juan Fernández Blanco.

Saltará a escea a familia de APEM, que recollerán o seu "Un mundo de oportunidades”. Almudena González, Lourdes Rial, o noso Fran Martín, Marcos Traba e Manuel Bermúdez contarán as Experiencias inclusivas da familia ceense e vimiancesa.

Cristina Couto, da Federación de Autismo de Galicia, falará “Persoas con Fortalezas: Da inclusión educativa á inclusión social”. Por parte de Aloumiños falará Marta Carracedo, reflexionando sobre se a inclusión é un dereito ou un deber.

Serán os usuarios de Aspadex, Miguel Vidal, Roberto Trillo e José Carlos López os que falen das súas experiencias laborais. Miguel é o Dependente kiosco, Roberto e José Carlos son Operarios de xardín, así que terán moito que contar.

Begoña Rial de Íntegro, falará sobre "A sensibilización como ferramenta permanente da educación”. Iván Lamela de Cogami falará sobre a importancia da formación para o emprego, antes de proxectar o vídeo de Fademga sobre a plena inclusión en Extremadura.

Ao remate terá lugar a inauguración dunha exposición Inclusión.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).