As mariscadoras do Anllóns piden o peche da actividade extractiva

Poucas veces escoitamos que un mesmo grupo de mariscadoras sexa o que solicite, á Xunta, o peche da actividade extractiva. Parece que no Anllóns, as mariscadoras locais teñen máis consciencia do coidado e da sostibilidade que a propia Xunta, unha vez que son elas as que solicitan á Consellería do Medio Rural e do Mar o peche do banco marquisqueiro.

Fan esta petición xa que este ano aínda non explotaron os bancos marisqueiros ao non atopar berberecho de tamaño comercial. As mariscadoras do río Anllóns alegan que dende o ano 2004 a produción de berberecho no estuario se mantivo constante, ata que no ano 2011 tivo lugar a rotura da punta da barra, o que, segundo explican, provocou a colmatación dos bancos marisqueiros e a conseguinte desaparición de berberecho comercial.

E para analizar o peche, a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, mantivo hoxe un encontro con coas mariscadoras do esteiro do río Anllóns para comprobar o estado da barra de area e a súa influencia na actividade marisqueira.
A avaliación realizada polos técnicos da Consellería en colaboración coa entidade, permitirá resolver a petición de non realizar actividade extractiva durante os meses necesarios para que o recurso existente acade o tamaño comercial.
Nos últimos anos estase a producir a colmatación do esteiro do Río Anllóns debido ao desprazamento da barra de area provocado polos temporais invernais. A Demarcación de Costas de Galicia está a tramitar un proxecto, no que se prevé a necesidade de efectuar dragados periódicos necesarios para o mantemento das actividades económicas na enseada, en particular o marisqueo.

Novas relacionadas

Fointe

  • Xunta.