O Parlamento Europeo degusta berberechos do Anllóns


Parece que a Costa da Morte se está a convertir nun auténtico exemplo europeo de boas prácticas mariñeiras. Máis alá das prácticas furtivas, das rías contaminadas... varias entidades ponnos a primeiro nivel. Veíamos os premios que leva a Asoar Armega, xa habitual nas Comisións de Pesca do Parlamento Europeo. Hoxe imos ata o Esteiro do Anllóns, onde as mariscadoras convírtense en abanderadas da diversificación mariñeira en toda Europa.
I é que o Proxecto Berberecho foi seleccionado, entre outros 30 de toda Europa a acodir ao Parlamento Europeo para participar na conferencia “Un futuro sustentable para as zonas de pesca”. Conferencia organizada pola Farnet -entidade da Comisión Europea que asesora na implementación das medidas europeas para o desenvolvemento sostible das áreas costeiras.
Alí estaba a Conselleira do Mar, Rosa Quintana, invitada pola directora xeral da DG Mare, Lowri Evans, pois 3 dos 30 proxectos eran galegos. Un polo GAC da Ría de Vigo – A Guarda, que se centra na comercialización de novos produtos derivados do percebe; outro desenvolvido pola empresa Relento S.L. e que consiste na ampliación da cetárea de Corrubedo; ademais do proxecto foi promovido pola agrupación das mariscadoras do río Anllóns e proposto polo GAC Costa da Morte.
Definen dende a Xunta o Proxecto Berberecho do seguinte modo: "Consiste nun conxunto de actividades dirixidas a aumentar a concienciación sobre a importancia da tradición da recollida de berberechos nesa zona e mellorar a imaxe do produto". Seguiremos de preto estes berberechos do Anllóns.
Máis información
Novas relacionadas
- As mariscadoras do Anllóns tamén van a Bruxelas.
- Un novo premio a nivel estatal para a Asoar-Armega polo seu traballo na seguridade no mar.
- ASOAR leva a voz dos mariñeiros ao Parlamento Europeo.
- As mariscadoras do Anllóns queren crear máis emprego co Proxecto Berberecho.
- As Mariscadoras do Anllóns colleitan premios ademais de berberechos.
- Os alumnos de Cabana tamén marisquean no Anllóns.
- O Proxecto Berberecho, unha aposta pola diferenciación.
Fonte
- Nota de prensa da Xunta.