As Reválidas volven baleirar as aulas dos colexios da Costa da Morte

Imaxe dunha concentración de 2016 contra as Reválidas-Foto_Rafa Quintáns Este mércores 23 de marzo comezaban as tan famosas e polémicas Reválidas nos centros de ensino de todo o país. Os primeiros en pasar esta proba eran os cativos de 3º de Primaria, de tan só 8 e 9 anos, e a semana que vén tocaralles aos de 6º de Primaria e aos de 4º da ESO. Pero veremos como se desenvolven estes exames, pois parece que, alomenos na comarca, están funcionando as campañas informativas das FEDANPAS, incitando aos pais e nais a non levar aos seus nenos a facer estas inxustificadas probas de nivel, e criticando esta “inxusta e inxustificable LOMCE”. Os datos de asistencia na comarca son rotundos. A Comunidade educativa rexeita, como nos pasados 20172016, as Reválidas, ficando na casa máis do 80-90% dos rapaces que estaban chamados a acodir ás aulas.
CentroConcelloAlumnos que asistironPorcentaxe de asistencia
CEIP Eugenio LópezCee4 de 587%
CEIP Ponte do PortoCamariñas12 de 2548%
CEIP Praia de QuenxeCorcubión0 de 14 0%
CEIP Areouta de SardiñeiroFisterra0 de 10%
CEIP Labarta Pose Zas0 de 100%
CEIP Santa EulaliaDumbría 2 de 1118%
CEIP Eduardo PondalPonteceso3 de 1916%
CEIP FogarCarballo12 de 8414%
CPI As Revoltas Cabana1 de 157%
CEIP MilladoiroMalpica0 de 150%
CEIP A CristinaCarballo0 de 200%
CEIP de CarnotaCarnota0 de 250%
CPI A PicotaMazaricos0 de 40&
CPI Canosa-RusCarballo0 de 160&
CEIP Mar de Fóra Fisterra0 de 130%

Novas relacionadas

 

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • Fedanpas.