Atopan en Rebordelo un golfiño varado, varias carabelas e numerosos microplásticos

Carabela Portuguesa en Rebordelo

Na tarde de onte, varios bañistas atopaban na praia de Rebordelo, en Cabana, varias das perigosas carabelas portuguesas, que ameazan aos bañistas dos nosos areais, e un golfiño varado.
O golfiño estaba sen cola, e cunha boa ferida nun lombo, seguramente por mor da pesca. Dende o CEMMA Cetáceos aseguran que este ano está habendo máis varamentos que nunca, chegando case a un cento de golfiños varados no litoral galego durante este verán. 

Así mesmo, o areal volvía presentar numerosos microplásticos.