Atopan en Rebordelo un golfiño varado, varias carabelas e numerosos microplásticos

10:17 30/08/23
Na tarde de onte, varios bañistas atopaban na praia de Rebordelo, en Cabana, varias das perigosas carabelas portuguesas, que ameazan aos bañistas dos nosos areais, e un golfiño varado.
O golfiño estaba sen cola, e cunha boa ferida nun lombo, seguramente por mor da pesca. Dende o CEMMA Cetáceos aseguran que este ano está habendo máis varamentos que nunca, chegando case a un cento de golfiños varados no litoral galego durante este verán.
Así mesmo, o areal volvía presentar numerosos microplásticos.